Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
21
| 22
| 23
| 24
| 25
Start: 25/10/2024 05:38
De conformidade coa Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, onte, 24 de outubro, constituíuse neste centro a Xunta Electoral, órgano competente na organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. Forman parte da Xunta Electoral o director (que preside a Xunta) e un representante de cada un dos colectivos (profesorado, alumnado, nais/pais/titores legais, e persoal de administración e servizos). Na sesión de constitución aprobouse o calendario electoral (arquivo adxunto), e a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación (arquivos adxuntos) e dos censos provisionais (poderán consultarse no taboleiro de anuncios). Lembramos que nesta convocatoria renovaranse os seguintes membros do Consello Escolar: - 3 representantes do alumnado. - 1 representante de nais/pais/titores legais. - 3 representantes do profesorado.
Todos os membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar poderán formalizalas dende o 28 de outubro, ata as 12:00 horas do 8 de novembro, empregando o modelo que se facilitará na Secretaría do IES. | 26
| 27
|