Eventos

Mércores Maio 22, 2024
Start: 22/05/2024 05:20

Aberto o prazo para participar na convocatoria do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar correspondente ao curso 2024_2025.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2024.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B- anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as soliciudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na noramtiva reguladora do procedemento administrativo común.

 

IMPORTANTE: Os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2023_2024 deberán devolverse no centro en bo estado antes do 21 de xuño. A non devolución de todos os libros prestados implicará a perda do dereito ao fondo.


Máis información en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/PaxinaInicio.action

 

Mércores Maio 29, 2024
Start: 29/05/2024 07:09

O martes 29 de maio convocouse unha reunión no centro coas familias do alumnado que podería participar no intercambio cun centro educativo de Alemaña. Nesta reunión describiuse como se está deseñando o intercambio e repartíuse o documento de solicitude e compromiso coa actividade para o alumnado.

Queda unha copia aquí para que se poida descargar e cubrir polas familias que non puideron asistir pero que queren participar nesta actividade. Recolleranse as solicitudes en Vicedirección ata o mércores 5 de xuño.

 

Luns Xuño 10, 2024
Start: 10/06/2024 11:42


Publicada a convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico no curso 2023-2024 (DOG de 6 de xuño de 2024).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de xullo de 2024.

Pódese consultar un resumo informativo aquí.

Máis información da convocatoria na aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

 

Xoves Xuño 20, 2024
Start: 20/06/2024 06:47

 Prazos:

  • O alumnado matricularase entre o 27 de xuño e o 4 de xullo consonte á distribución detallada no documento adxunto.
  • As familias que teñan varios/as fillos/as no centro en distintos niveis poderán facer todas as matrículas no mesmo día.

Documentación:

Para todo o alumnado:

  • Impreso de matrícula cumprimentado. Os impresos seranlles entregados ao alumnado o día 26 de xuño xunto co boletín de notas. Tamén estarán dispoñibles na conserxería do centro.
  • Copia do DNI e da tarxeta sanitaria.
  • Fotos tamaño carné co nome e apelidos escritos detrás (tres fotos se é a primeira matrícula no centro e dúas no resto dos casos).
  • Todo o alumnado que se matricula en 3ºESO, 4ºESO ou Bacharelato ten que aboar o Seguro Escolar (1,12€).

Segundo as circunstancias familiares: