II Concurso de Fotografía Matemática
Enviado por Anónimo o Ven, 04/03/2016 - 14:00
O Departamento de Matemáticas en colaboración co de Debuxo convocan o II Concurso de Fotografía Matemática. O tema deste ano é "As matemáticas na túa cidade".
Hai tres categorías con cadanseu premio:
A. 1º e 2º da ESO: un trípode para teléfono móbil.
B. 3º e 4º da ESO: un trípode para teléfono móbil.
C. Bacharelato e Ciclos Formativos: un trípode para cámara fotográfica.
Tedes até o 20 de abril do 2016 para enviar as vosas fotos ao correo ies.politecnico.vigo@edu.xunta.es
Consulta as bases para participar aquí.
Sorte!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IICONCURSO- FOT-MAT _1_.pdf | 105.66 KB |