INFORMACIÓN DO TITULO
CS MECATRÓNICA INDUSTRIAL
Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
¿Qué se aprende a facer?
Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.
¿En qué ámbitos se traballa?
En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
¿Qué ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.
Xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.
Xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.
¿Cáles son os módulos deste ciclo?
CURSO |
MÓDULOS |
HORAS |
1º |
Sistemas mecánicos |
187 |
1º |
Sistemas eléctricos e electrónicos |
213 |
1º |
Elementos de máquinas |
107 |
1º |
Procesos de fabricación |
213 |
1º |
Representación gráfica de sistemas mecatrónicos |
133 |
1º |
Formación e orientación laboral |
107 |
TOTAL 1º (FCE) |
|
960 |
2º |
Sistemas hidráulicos e pneumáticos |
105 |
2º |
Configuración de sistemas mecatrónicos |
140 |
2º |
Procesos e xestión de mantemento e calidade |
105 |
2º |
Integración de sistemas |
157 |
2º |
Simulación de sistemas mecatrónicos |
70 |
2º |
Empresa e iniciativa emprendedora |
53 |
TOTAL 2º (FCE) |
|
630 |
2º |
Proxecto de mecatrónica industrial |
26 |
2º |
Formación en centros de traballo |
384 |
¿Qué titulo se obtén?
Técnico superior en mecatrónica industrial.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
cs_mecatronica_industrial.pdf | 404.92 KB |