"Á luz da Candeira", o proxecto de Ponte nas Ondas do IES Politécnico

 

 

 

"Á luz da Candeira" é un proxecto escolar ao abeiro dos Plans Proxecta ofertados pola Consellería de Educación que foi desenvolvido no IES Politécnico de Vigo durante o curso 2023/24 nas aulas de Lingua e Literatura Galega de 1º ESOA+B, mais ao que tamén se sumaron no seu proceso as aulas de 1º BACH B+C e de 2º BACH A. Este proxecto naceu co obxectivo da creación dun proceso de participación da Comunidade Escolar no coñecemento, conservación e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial galego; sendo un dos 20 centros de toda Galicia seleccionado (das máis de 40 solicitudes) este curso para integrase na Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)”.

 

Así pois, o IES Politécnico de Vigo impulsou, coordinou e organizou o proxecto Á luz daCandeira, co obxectivo primordial de traballar co alumnado os valores relacionados coa conciencia de coñecemento,recollida e posta en valor do noso patrimonio cultural inmaterial; que se canalizaron a través de distintos medios, como foron a emisora escolar ou a creación dunha web coa información recollida. Desta maneira, este proxecto centrouse especialmente nos ámbitos da tradición oral e a fotografía antiga; pois, por unha banda, parte do alumnado participou nun proceso de recollida, transcrición e difusión dun repertorio de tradicións orais (contos, cantigas, adiviñas…) transmitidas polas súas familias durante o Nadal de 2023; e, por outra banda, outra parte do alumnado realizou unha recolla de fotografías antigas na súa contorna máis próxima, coas que se traballou tanto a expresión escrita (coa redacción de textos descritivos), como a expresión oral (coa creación de podcasts sobre as fotografías). Finalmente, co material recibido creouse a web na que actualmente se pode acceder a 162 traballos, entre os que hai 61 recollidas de diferentes tradicións orais, ademais de 59 fotografías anteriores a 1970, acompañadas maioría do seu texto descritivo e mais de 42 audios asociados, nos que se dá unha explicación das imaxes referidas. Ademais, como punto final, creáronse tamén 5 podcasts radiofónicos sobre 4 das fotografías recollidas polo alumnado e un vídeo-radiofónico coa versión estendida dos 4 podcasts.

 

A seguir, vai un pequeno resumo das actividades realizadas ao longo do curso:

 

1. 

Actividadesdesenvolvidasaoabeirodoprograma

 

Aulas maxistrais sobre o patrimonio cultural inmaterial galego, para alumnado de 1ºESO  (outubro 2023 - marzo 2024)

 

Aulas maxistrais sobre a tradición oral galega e a súa recollida, para o alumnado de 1ºESO (outubro 2023 - decembro 2023)

 

Realización por parte do alumnado dun traballo monográfico sobre  os seres mitolóxicos galegos; e dunha actividade de creación de lendas, coas que se realizou un programa de radio sobre o Samaín

 

Aprendizaxe dunha panxoliña + saída e interpretación no Centro de Día Anduriña (próximo ao noso centro - decembro 2023)

 

Recollida de tradicións orais polo alumnado no ámbito familiar (Nadal 2023  -204)

Documento de recollida Nadal 2023:oatraparregueifas

TraballoNadal 2023 1º ESO

TraballoNadal2023 1º BACH

TraballoNadal2023 2º BACH

 

Visionado de exemplos e posterior debate no ámbito darecollida de tradicións orais ou no da creación audiovisual patrimonial (xaneiro-xuño 2024).

 

Recollida de fotografíaspor parte do alumnado ás súas familias para presentar ao VII Certame das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas(Nadal 2023 / marzo-abril 2024)

 

Creación dunha web que inclúa toda a información recollida durante o proxecto (xaneiro 2024)

 

Creación dunha canle de Ivoox para albergar os podcasts para presentar no VII Certame das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas (maio 2024)

 

Realización de programas de radio, relacionados coas recollas feitas polo alumnado para presentar ao VII Certame das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas (maio 2024)

 

·        

Participación no VII Certame das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas (fotografía e podcasts, maio - xuño 2024)

 

2. Ligazóns e documentos gráficos das actividades desenvolvidas durante o curso 2023-2024

 

Ligazóns:

As imaxes do patrimonio (programa completo)  (podcast)

Á luz da Candeira: 1: A orquestra "Os Lorenzos" (9/5/2024) (podcast)

Á luz da Candeira 2: A pesca da quenlla no Porto de Vigo (9/5/2024) (podcast)

Á luz da Candeira 3: A emigración a Alemaña (9/5/2024) (podcast)

Á luz da Candeira 4: A romaría de Vilamaior (9/5/2024) (podcast)

As imaxes do patrimonio (vídeo)

 

Documentos gráficos (162):

  • Recollidas de tradicións orais (61):

Exemplo das recollidas (27) do alumnado de 1º ESO A: Texto- Audio

Exemplo das recollidas (8) do alumnado de 1º ESO B: Texto - Audio

Exemplo das recollidas (9) do alumnado de 1º BACH B: Texto- Audio

Exemplo das recollidas (5) do alumnado de 1º BACH C: Texto- Audio

Exemplo das recollidas (12) do alumnado de 2º BACHA: Texto Audio

 

  • Recollidas de fotografías (59)+ audios (42) sobre as fotos:

Exemplo das recollidas (22 + 16) do alumnado de 1º ESO A: Foto + texto/Audio

Exemplo das recollidas (11+6) do alumnado de 1º ESO B: Foto + texto/Audio

Exemplo das recollidas (9 + 4) do alumnado de 1º BACH B: Foto + texto/Audio

Exemplo das recollidas (6 + 6) do alumnado de 1º BACH C: Foto + texto/Audio

Exemplo das recollidas(11 +10) do alumnado de 2ºBACHA: Foto+texto/Audio