A regueifa volve ao IES Politécnico

 

Este vindeiro luns 8/4/24 volven os Obradoiros de regueifa ao IES Politécnico, neste caso para o alumnado de 1º ESO. Desta volta, teremos a sorte de contar no noso Centro con dous dos mellores regueifeiros de Galicia, o vigués Luís O Caruncho e mais o padronés Pinto de Herbón; que realizarán dous Obradoiros os luns 8 e 15 de abril no Salón de Actos (12h-13.30h). Nestes Obradoiros Didácticos, o alumnado coñecerá a historia deste canto improvisado, así como as ferramentas básicas para construír e cantar unha copla de regueifa. Xa que logo, serán dous obradoiros interactivos, nos que o alumnado terá que participar falando, escribindo, cantando, rimando...

En definitiva, dúas xornadas de coñecemento e diversión aseguradas, ao redor do canto improvisado galego: a regueifa