Dous alumnos do CS de Programación da Produción competirán nas olimpiadas de FP SpainSkills 2011

Dous alumnos do 2º curso do C.S. de Programación da Produción do IES Politécnico de Vigo representarán a Galicia nas olimpiadas de FP, SpainSkills 2011, que se celebrarán en Madrid dende o 4 ao 9 de abril.

 

 

Spainskills son as olimpiadas españolas de Formación Profesional, organizadas polo Ministerio de Educación, coa colaboración das Comunidades Autónomas, que cada dous anos se celebran a nivel nacional.

En SpainSkills participarán 32 perfis profesionais distintos de todas as comunidades autónomas, 50 xefes de equipo, 120 expertos/profesores membros dos xurados e máis de 50 técnicos de empresas.

Os representantes de Galicia dende o IES Politécnico de Vigo participarán nos seguintes perfís:

  • CNC Torneado: Asier López Alvarez
  • CNC Fresado: Cristian Fernández Mariño

 Ademáis, dous profesores do departamento de Fabricación Mecánica participarán como Expertos e membros dos xurados nestas probas.

O primeiro posto de cada categoría representará a España en WorldSkills que se celebrarán en Londres en outubro de 2011, así como o segundo posto de cada categoría representará a España en Euroskills en 2012 en Bélxica.

 Moita sorte aos nosos participantes!!!