Blogues

28 DE ABRIL DIA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

 

O Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo promove a prevención dos accidentes e as enfermidades profesionais en todo o mundo. O Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo 2022 céntrase en potenciar o diálogo social cara a unha cultura da seguridade e a saúde.

O alumnado e  o profesorado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Laborais do IES Politécnico convidámosvos a conmemorar este día lembrando a todas as persoas traballadoras falecidas neste ano en Galicia por mor do traballo.

A nosa compañeira Isabel Rodríguez preparounos un vídeo para  conmemorar o 28 de Abril do 2022.

Actuar xuntos para crear unha cultura de seguridade e saúde no traballo positiva"

 

 

 

Portas Abertas Telemáticas Escola de Arte Dramática de Galicia

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organiza unhas Xornadas de Portas Abertas (telemáticas) o 5 de maio de 2022, para informar sobre a nosa oferta educativa nas diferentes titulacións de grao:

 

Dirección escénica e dramaturxia

Escenografía

Interpretación

Información e inscrición

www.esadgalicia.com

 

Xornadas de Portas Abertas 2021/22

Distribuir contido