O alumnado de 1º e 2º Bacharelato e o alumnado de Ciclo Superior de Dietética realizaron a visita á Universidade de Santiago de Compostela para coñecer de cerca os servicios, instalacións e programa educativo das Universidades.
Este Nadal o alumnado decorou as portas das súas aulas con motivos navideños e textos en galego para participar no concurso de portas que organizou o EDLG. Traballaron moitos e os resultados foron espectaculares!!! Aquí tedes unha mostra.
O alumnado da materia de Proxecto Competencial de 4º da ESO realizou un roteiro pola arquitectura popular da Pobra do Caramiñal coas explicacións do director do Museo Valle Inclán.
Alumnado do Ies Pobra do Caramiñal participou o xoves 30 de novembro no campionato de cros dentro do programa xogade que se celebrou no Estadio da alta da Pobra do Carmiñal.
Nos archivos adxuntos podedes ver as clasificacións.