Skip to Content

STEM WEEK para alumnado de 3º e 4º de ESO

A Consellería de Educación convoca a STEMweek, actividades formativas STEM en lingua inglesa, (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

A actividade é gratuita e desenvolverase ó longo dunha semana en Culleredo, A Coruña, na última semana de agosto e a primeira de setembro para os alumnos de 3º e 4º de ESO respectivamente.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de maio.

Máis información e acceso á convocatoria no seguinte enlace

stem-week-1024x415.jpg


blog | by Dr. Radut