A. Reclamacións na ESO e 1° de BAC (“Orde do 28 de agosto de 1.995”)
O alumnado e as familias teñen dereito a recibir “cantas aclaracións sexan precisas” sobre o proceso de aprendizaxe e das decisións que se desprendan del. Por iso, si existe un desacordo coa cualificación final obtida nun área ou materia ou coa decisión de promoción ou titulación, o alumnado ou as súa familia ten dereito a solicitar por escrito, ante o Xefe de Estudos, a “revisión de dita decisión nun prazo de 2 días lectivos” a partir do momento en que se lle foi comunicada. A partir de aquí, establécense os seguintes pasos:
1. A X.E trasladará de inmediato dita reclamación ao departamento afectado cando se trate dunha cualificación, e ao titor cando corresponda á unha decisión de promoción ou titulación final (setembro).
2.
Ao día seguinte da finalización do prazo de reclamación, a xefatura de departamento entregará na xefatura de estudos un informe razoado sobre a decisión tomada. Faranse dúas copias da mesma, unha para os pais, e outra para o titor.
3. Si existe unha rectificación na nota, a xefatura de estudos e o titor “considerarán a procedencia” de convocar unha sesión extraordinaria de avaliación e, de ser o caso, “proceder á revisión das decisións tomadas”. En caso de que esa rectificación afectase á promoción ou á titulación do alumno, esa reunión será obrigatoria e inmediata (2 días máximo desde a finalización do período de solicitude de revisión). Tanto si se realiza como si non esa xunta extraordinaria, o titor deberá recoller en acta “os puntos principais das deliberacións e os criterios tidos en conta para ratificar ou modificar dita decisión”.
4. De haber cambios nas decisións tomadas inicialmente, estes deberán quedar reflexados nunha dilixencia que será depositada no expediente.
5. De perisistir o desacordo, a parte solicitante “no prazo de dous días” poderá seguir coa reclamación a través da Inspección Educativa.
B. Reclamacións en 2° BAC (“Orde do 22 de abril de 2010”)
Con arreglo ao calendario das probas de acceso á universidade, a Consellería de Educación emite periódicamente unha circular para establecer as datas e prazos a seguir polo alumnado deste curso. Convén reseñar que as reclamacións das materias pendentes de 1°de BAC “deben de resolverse antes na xefatura territorial correspondente”. Por regra xeral, os pasos para as reclamacións do laumnado serían os seguintes:
1. A partir da entrega de notas, o alumnado tería un prazo de 2 días para interpoñer unha reclamación.
2. O deparatamneto afectado emitirá unha “resolución motivada” que incluirá o seguinte: informe do profesorado de materia, avaliacións realizadas ao laumando, exames, traballos, e unha copia da programación didáctica. Si se tratase da convocatoria extarordinaraia, o departamento aportaría a proba extarordinaria xunto coa programación e o informe.
3. Posteriormente, nunha data sinalada previamente polo centro con arreglo ás posibilidades do calendario, faráselle entrega da resolución aos reclamantes, indicando a posibilidade de seguir reclamando ante a Comisión de Supervisión mediante unha solicitude por escrito ao centro nun prazo de 24 horas.
4. Deste xeito, o centro enviaría todo o expediente de reclamación á presidencia da Comisión, agotando a vía administartiva.
5. O alumnado reclamante dispondría dun prazo extraordinario de matriculación na convocatoria ordinaria das ABAU unha vez agotado o período de reclamación ante a Comisiòn de Supervisión.
C. Reclamación en FP
As reclamacións resolveranse de acordo ao procedemento establecido polo artigo 45 da Orde do 12 de xullo de 2011, pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.