Skip to Content

Consumo e medioambiente.

 

Fundación tierra, os pequenos cambios son poderosos. 
Revista electrónica de ecoloxía e medioambiente: infoecología.
Portal educativo de ciencias naturais e aplicadas.
Unha publicación dixital de ciencia e tecnoloxía: la reserva.
Fenómenos naturais: alerta tierra.
WWF España.
Greenpeace.
Foro ecolóxico e medioambiental: ecoestrategia.
Portal adicado á investigación desenrolo e divulgación de temas ambientais, calidade de vida, ciencia e tecnoloxía: ambiente ecológico.
Ecotendas: productos e servicios ecolóxicos: ecototal.
Ser sostible non é unha condición sinon un camiño. Los sostenibles son empresas dinámicas, responsables e sensibles á problemática ecolóxica.

SOS Cambio Climático.
Global Warming.
Sumando esforzos a favor do clima: cero CO2.
Un blog, implícate na loita contra o cambio climático.
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Ministerio de Medio ambiente.
Ecoloxía e desenrolo: ecodes.
Escola medioambental do consumidor.
O medio ambiente na Comisión Europea.

 

O noso centro incorpórase ao proxecto de reciclaxe de CDs de Cederika.

 
 

Os CDs (discos compactos) e os DVDs (discos dixitais de vídeo) eran un soporte descoñecido hai tan só uns poucos anos. Hoxe están presentes nas nosas vidas como algo imprescindible; con eles escóitase música, vense películas, e gárdase moitísima información. Agora millóns de discos inservibles por caducos convertéronse nun problema ambiental na medida en que non se recollen selectivamente.

 
 

Se se intenta calcular a cantidade de discos compactos que circulan e se repara en que a maioría deles son gravables soamente unha vez, o resultado é que decenas de miles de CDs son desbotados cada día, e con eles os materiais que os compoñen, os cales se perden para sempre.
O empaquetado, habitualmente en estoxos de plástico ou caixiñas de papel con plástico transparente, tamén eles derivados de recursos fósiles, empeora a situación.

Aproximadamente 100.000 CDs quedan obsoletos cada mes e van aos vertedoiros e icineradoras porque, simplemente, os datos que contiñan deixan de ser útiles porque caducaron. Pero mentres os datos perden interese, o material plástico non o fai. Con todo, a base ou soporte de CDs e DVDs é o policarbonato, material de difícil reciclaxe e que se obtén dun produto non renovable como é o petróleo.

 
 

 

Os CDs e DVDs están feitos con materiais excesivamente estables, e se son usados apropiadamente, permanecerán durante décadas ou probablemente séculos. Determinadas condicións como a humidade, períodos prolongados de altas temperaturas ou a exposición a certos tipos de luz poden deteriorar os discos e reducir a súa vida útil. As raspaduras pequenas poden ser reparadas frotando un abrasivo suave no lado do disco sen etiqueta, virando desde o centro cara a fóra, por exemplo con pasta dentífrica ou abrillantadores de mobles. Ao coidar os teus CDs conseguirás que permanezan en uso moito máis tempo.  
  Un bo método para non desbotar os CDs é utilizar CDs regravables. Os CDs regravables permiten prolongar a súa vida útil, entrando e sacando datos todas as veces que sexa necesario. Os datos antigos poden ser borrados e o CD pode ser utilizado outra vez.

Con todo, na actualidade hai outros xeitos diferentes de gardar datos de forma temporal, referímonos aos lapis ou sticks de memoria USB. Con eles é posible almacenar as informacións actualizadas moitas veces sen producir lixo. Hoxe dispoñemos pois da tecnoloxía para só usar CDs cando é realmente necesario. No caso dos DVDs regrabables, o problema é similar. A parte da problemática ambiental sería aconsellable valorar se non pode almacenarse temporalmente nun disco duro, cando se trata de información temporal.

 
 

Os CDs e DVDs que deixaron de ter interese poden ser intercambiados nalgunhas tendas de segunda man. Tamén poden ser doados a bibliotecas e organizacións non gobernamentais.

Os CDs inútiles poden ser reciclados e usados noutros produtos novos no canto de ser desbotados. Así, afórranse recursos fósiles, por exemplo, nas producións de partes da industria plástica de automóbiles, equipos de oficina e estoxos de xoias. Os centros de reciclaxe separan os metais e as lacas do plástico, límpanos, trituran e convértenos nun plástico  de alta calidade. Este proceso non só é sensato economicamente, senón que tamén axuda a aforrar petróleo.

De todos os xeitos, a reciclaxe de CDs ten un aspecto negativo, e é que as altas temperaturas necesarias para a súa execución fana altamente contaminante. Por este motivo se insiste en que o manexo con CDs e DVDs debe ser responsable.

 
 
Algúns consellos sobre cómo usar os CDs:
 
  Coida os teus discos manténdoos fóra da radiación solar, lonxe da calor e do auga; axudará a que duren máis tempo. Non só aforras diñeiro, senón tamén reducirás o impacto ambiental, se evitas o ter que desfacerte deles.

Se tes que almacenar datos, tamén podes usar lapis ou sticks de memoria USB ou CDs regravables (CD-RW) se o teu ordenador é capaz de gravalos.

Se unicamente tes que almacenar pouca información, pódela gardar nun disquete, xa que estes son reutilizables multitude de veces.

Os CDs e DVDs que non queres máis, pódelos vender, intercambiar ou doar.

Se tomas prestados CDs ou DVDs ou buscas a información en Internet podes evitar completamente o uso dun CD.

Os CDs inútiles que ninguén pode usar máis, pódelos levar como último recurso a un centro de reciclaxe

Non abuses do uso dos CDs; o manexo de CDs debe ser responsable.

Conta esta realidade sobre os CDs á túa familia, amigos e compañeiros e pídelles que se comporten de forma responsable con este soporte de información.

 

 
     



page | by Dr. Radut