O IES da Pobra participa neste curso na Iniciativa PROA, en 3º e 4º de ESO.
INICIATIVA PROA
Co fin de seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado, e para continuar traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención do absentismo e abandono escolar temperá, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade promove, por segundo ano consecutivo, esta iniciativa dirixida a centros docentes públicos (CEIP, CEP, IES e CPI) en réxime de concorrencia competitiva, co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional a través das seguintes liñas de actuación:.
-
LIÑA 3, dirixida a alumnado de 3º e 4º ESO.
OBXECTIVOS
-
Apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico.
-
Mellorar o éxito escolar e previr o abandono educativo temperán do alumnado que cursa as ensinanzas obrigatorias.
-
Xerar un clima de aprendizaxe que favoreza o traballo en equipo, cooperativo e/ou por proxectos.
-
Disminuír as barreiras de aprendizaxe que dificultan superar e acadar os obxectivos do seu nivel educativo.
-
Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan a interacción, o traballo colaborativo e a aplicación de metodoloxías participativas que melloren o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.
-
Desenvolver modelos curriculares máis competenciais, interdisciplinares e participativos.
-
Impulsar a aplicación de cambios organizativos e metodolóxicos que permitan o seguimento personalizado das súas competencias.
A implementación desta iniciativa supón a dotación de 1 profesor mais, para levar a cabo actividades de reforzo educativo dentro da aula.