Poden consultar no teléfono do IES da Pobra do Caramiñal (881 86 70 64) se lles foi concedido o vale para material para o curso 2022-23.
Os vales entregaranse presencialmente ao pai/nai/titor legal na Administración do IES da Pobra do Caramiñal, a partir do luns, 5 de setembro e ata o venres, 9 de setembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
O alumnado de 3º e 4º da ESO beneficiario do Fondo Libros recibirá o seu lote durante a xornada escolar entre os día 8 e 9 de setembro.
O alumnado de 1º e 2º da ESO - a partir deste curso académico formamos parte do programa E-Dixgal-, recibirá o seu libro dixital (ordenador) unha vez que comecen as clases.