O mércores, 18 de maio, foi publicada no DOG a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.
Prazo de solicitude para solicitar esta axuda: do 19 de maio ao 20 de xuño
O IES da Pobra contará para o vindeiro curso, 2022-23, co Proxecto E-DIXGAL (libro dixital) en 1°ESO e 2ºESO, polo que, segundo a Orde do fondo solidario, o alumnado matriculado nos cursos de E-DIXGAL está excluído da participación no fondo solidario de libro de texto, pero si poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.
Poden acceder a máis información nas seguintes ligazóns