Skip to Content

O 25 DE NOVEMBRO DESDE O DEPARTAMENTO DE MÚSICA

Neste día tan importante como é o 25 de novembro, o Departamento de Música colaborou estreitamente co Equipo de Igualdade para facer un acto no noso centro. Esto non sería  posible se o noso alumnado non se tivera implicado. De novo a nosa comunidade educativa dá mostras das súas ganas de facer cousas ben bonitas e amosar o seu talento. Dar as grazas especialmente a Mencía Chouza, Jorge Piñeiro e Laura Oubiña por compartir con nós o seu talento...e por suposto ao alumnado de Música de 2º de BAC que puxeron con moita xenerosidade o seu tempo a nosa disposición para toda a organización loxística. Bravo rapaces e moitísimas grazas!

Déixovos dous enlaces para que vexades as actuacións musicais:

https://www.youtube.com/watch?v=Jj3jv_Ar_j4

 

 https://www.youtube.com/watch?v=EFrZ0yEX5v0                                                                  Clara Pino.

9ffdd322d883c7ac3c2d4745bad25d5d.jpg


blog | by Dr. Radut