Skip to Content

Iniciativa Arco 20/21

 

O IES da Pobra participa neste curso na Iniciativa Arco, en 1º e 4º de ESO.

 

 

INICIATIVA ARCO

Co fin de seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado, e para continuar traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención do absentismo e abandono escolar temperá, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade promove, por segundo ano consecutivo, esta iniciativa dirixida a centros docentes públicos (CEIP, CEP, IES e CPI) en réxime de concorrencia competitiva, co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional a través das seguintes liñas de actuación:

  • LIÑA 2, dirixida a alumnado de 1º ESO.

  • LIÑA 3, dirixida a alumnado de 4º ESO.

 

 

OBXECTIVOS 

  1. Apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico.

  2. Mellorar o éxito escolar e previr o abandono educativo temperán do alumnado que cursa as ensinanzas obrigatorias.

  3. Xerar un clima de aprendizaxe que favoreza o traballo en equipo, cooperativo e/ou por proxectos.

  4. Disminuír as barreiras de aprendizaxe que dificultan superar e acadar os obxectivos do seu nivel educativo.

  5. Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan a interacción, o traballo colaborativo e a aplicación de metodoloxías participativas que melloren o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.

  6. Desenvolver modelos curriculares máis competenciais, interdisciplinares e participativos.

  7. Impulsar a aplicación de cambios organizativos e metodolóxicos que permitan o seguimento personalizado das súas competencias.

 

 

A implementación desta iniciativa supón a dotación de 2 profesoras mais, para levar a cabo actividades de reforzo educativo dentro da aula.



book | by Dr. Radut