Celebramos os Erasmus Days no centro e con iso queremos conmemorar a longa traxectoria do noso centro en proxectos europeos, así como o futuro dos novos proxectos que están por vir.
Queremos convidar a todo o claustro e a toda a comunidade educativa a que se acheguen a nós e que coñezan o noso graniño de area na construción dunha Europa máis xusta e democrática.