Skip to Content

Reincorporación ás clases presenciais para 2º Bacharelato

25/05/2020
Europe/Madrid

O luns 25 de maio retomamos as clases presenciais para o alumnado de 2º de Bacharelato, en base á 

RESOLUCIÓN, DO 22-05- 2020, DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL POLA QUE SE REINICIA A ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL NO CURSO 2019-2020, SE DETERMINAN AS INSTRUCCIÓNS PARA O QUE RESTA DO PRESENTE CURSO E SE ADOPTAN MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE PARA A REAPERTURA PARCIAL NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DEPENDENTES DA CONSELLERÍA.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucion_medidas_de_retorno_centros_educativos_curso_2019_2020_asinada.pdf

 

Para minimizar o risco de contaxio, e debido a que a asistencia ás clases presenciais é voluntaria, realizouse unha enquisa entre o alumnado para reorganizar o horario. Todo o alumnado de 2ºBach recibíu o horario no seu email @iespobra, e por este medio se informará dos posibles axustes que sexa necesario facer.

 

Todo o profesorado continua cas clases a distancia. A reincorporación ás clases presenciais pode modificar o horario das clases telemáticas. O alumnado que non acceda ás clases presenciais debe estar pendente da información que facilite o profesorado a través das aulas virtuais neste senso.

 

Non pode asistir ao centro quen presente síntomas ou estea en illamento por posible COVID 19. Én necesario facer un control de temperatura na casa antes de ir ao instituto.

O acceso farase pola porta de administración (lado da conserxería) onde nos facilitarán unha máscara para poder acceder ao centro.

Nas aulas haberá productos para a hixiene e desinfección de mans e zonas de traballo 

  



story | by Dr. Radut