A Bolsa Juan Lampón nace dunha doazón altruísta que a familia de Juan fai para manter a lembranza da súa persoa, premiando o alumnado que coma el, ten un estilo de vida saudable.
BOLSA JUAN LAMPÓN
PRESENTACIÓN DAS XIX BOLSAS JUAN LAMPÓN
O 20 de outubro celebrouse a presentación da XIX bolsas a deportistas Juan Lampón e como invitada especial contamos coa presenza de Alejandro Ríos, unha remeira con moito éxito da Pobra do Caramiñal.
GAÑADORES/AS BOLSAS JUAN LAMPÓN 2023
GAÑADORES/AS BOLSAS JUAN LAMPÓN 2023
Sira Fernández Martis (IES Pobra do Caramiñal)
Brais Canosa García (IES Praia Barraña)
Marta Canosa García (IES Praia Barraña)
Marta Teira Alvite (IES Leliadoura)
Hector Barro Moya (IES Espiñeira)
Bruno Iglesias Sanlés (IES Nº 1 Ribeira)
A entrega das bolsas será o venres 12 de maio ás 12:40 no SUM do IES Pobra do Caramiñal.
DATAS PUBLICACIÓN GAÑADORES E ACTO ENTREGA DAS BOLSAS
Por motivos organizativos a publicación da listaxe de gañadores da XVIII Bolsa a deportistas Juan Lampón farese nesta web o día 5 de maio e o Acto de Entrega das mesmas terá lugar o venres 12 de maio ás 12:45 no Salón de Actos Múltiples do Instituto da Pobra do Caramiñal.
Candidaturas definitivas Bolsa Juan Lampón
Adxunto | Tamaño |
---|---|
candidaturas definitivas Bolsa Juan Lampón (1).pdf | 404.42 KB |
GAÑADORES-AS 2022
GAÑADORES/AS BOLSAS JUAN LAMPÓN 2022
Miguel Fernández Ouviña. IES da Pobra do Caramiñal.
Amaro Franco González. IES Félix Muriel.
Carmela González Patiño. IES Félix Muriel.
Raúl Millán Rodríguez. IES da Pobra do Caramiñal.
Carlos Tubío Martín. IES Praia Barraña.
Noelia Vilarnovo Suárez. IES Praia Barraña.
A entrega das bolsas será o venres 6 de maio ás 13:30 no SUM do IES da Pobra do Caramiñal.
Gañadores Bolsa Juan Lampón 20/21
Adiado acto de entrega bolsa Juan Lampón
Por motivos de organización o acto de entrega da bolsa Juan Lampón adíase para o vindeiro 11 de Xuño as 11 da mañá, pregamos disculèndes os inconvintes que este cambio poda xerar. Atentamente,
A Dirección
LISTAXE CANDIDATURAS ADMITIDAS XVI BOLSA JUAN LAMPÓN
Achégase o documento do alumnado admitido para participar na XVI edición da Bolsa Juan Lampón.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Listaxe_admitidos_publicar.pdf | 435.01 KB |
DÍPTICO BOLSA JUAN LAMPÓN 20/21
Achégase o díptico da Bolsa Juan Lampón para poder descargar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
diptico_verso_concepto1.png | 278.83 KB |
diptico_reverso_concepto1.png | 208.71 KB |
BOLSAS JUAN LAMPÓN
Hoxe durante as 12:35 e as 14:20 teremos o acto de presentación das becas Juan Lampón no SUM .
SUSPENSIÓN DA CELEBRACIÓN DA BOLSA JUAN LAMPÓN
Lamentamos informar de que se suspende a celebración da Bolsa Juan Lampón deste curso académico, animamos a todo o alumnado interesado que o faga no vindeiro curso.
DOCUMENTO DE SOLICITUDE
Poderás imprimir este documento, cubrilo cos teus datos e entregalo xunto co resto da documentación na ventanilla de administración do IES da Pobra do Caramiñal.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude bolsa.pdf | 200.77 KB |
QUEN PODE PARTICIPAR?
Poderá paritipar todo o alumnado que se atope estudando nun instituto público da comarca do Barbanza:
- IES Espiñeira
- IES Félix Muriel
- IES Leliadoura
- IES Nº1 de Ribeira
- IES Plurilingüe A Cachada
- IES Pobra do Caramiñal
- IES Praia Barraña
Ademais será importante contar cun bo currrículo tanto académico coma deportivo.
BAREMO
BAREMO
▶ Cualificación media do curso académico anterior (excepto alumnado de 1º da ESO, que será dos primeiros trimestres): de 0 a 10 puntos.
▶ Pertenza a unha federación: ata 3 puntos polo 1º club ou escola, e ata 0,5 puntos polo segundo, previa verificación por parte do tribunal de que o candidato está inscrito e participa regularmente nas actividades convocadas no curso actual.
▶ Pertenza a un club ou escola deportiva: ata 3 puntos polo 1º club ou escola, e ata 0,5 puntos polo segundo, previa verificación por parte do tribunal da inscrición e participación regular nas actividades organizadas polo club ou escola no curso actual.
▶ En caso de confinamento que non permita facer ningún tipo de actividades deportivas durante o ano, valorarase o currículum vitae da persoa deportista.
▶ Outros méritos (a valorar polo tribunal): ata 3 puntos, por competicións, logros deportivos, colaboracións en eventos deportivos, titulacións deportivas, méritos académicos, cursos de idiomas, conservatorio,..., debidamente xustificados pola autoridade ou organismo competentes.
DATAS IMPORTANTES CONVOCATORIA BOLSA JUAN LAMPÓN 23/24
DATAS IMPORTANTES
- Prazo e lugar de presentación: ata o 29 de marzo de 2024, por correo electrónico ao ies.pobra.caraminal@edu.xunta.gal, incluíndo currículum deportivo con xustificación de méritos. Todos os documentos escaneados en PDF.
- Publicación da lista provisional de candidaturas: 15 de abril.
- Período de reclamacións: 17 e 18 de abril.
- Listaxe definitiva de candidaturas: 24 de abril.
- Reunión do tribunal: 30 de abril.
- Publicación da listaxe de gañadores: 3 de maio.
- Entrega de bolsas: 10 de maio.
PREMIOS
Cada curso académico dónase un importe de 1500€, que se dividen en 6 premios de 250 € para gastar en material académico ou deportivo, a cuantía tamén se poderá empregar para sufragar parte da matrícula da universidade no caso de alumnado de 2 bacharelato.