Non están os tempos para felicitacións, senón para reivindicacións. Así que neste nadal, ésta é a nosa postal, a reivindicación da nosa lingua por medio do recitado colectivo do poema Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro.
Éste non é o único traballo que realizamos no ENDL encol do centenario do nacemento do poeta de Celanova. Botádelle un ollo ao noso blogue e alí veredes outras aportacións.