Skip to Content

Obradoiro audiovisual con Marisa Otero

A profesora Marisa Otero visitou o noso centro para impartir ao alumnado de 1º da ESO un obradoiro co fin de aprender as principais técnicas para a gravación dun vídeo documental. Como sabedes este alumnado está metido de cheo no proxecto Antonio Fraguas.

 

Marisa Otero tróuxonos unha invitación para que nos apuntemos no Laboratorio Audiovisual de Vedra que é gratuito para o alumnado da ESO.

A profesora propuxo unha situación práctica para entendermos mellor como deberiamos proceder. Propúxonos unha situación na que tres compañeiros de clase van ir gravar unha entrevista. Como medios técnicos teño unha cámara de fotos e un ordenador cun editor de vídeo gratuíto. Falounos do lugar da gravación. O lugar onde deberemos colocar a cámara e o lugar no que debe colocarse o entrevistador. Explicounos as características que debemos coidar no relativo á iluminación e á gravación de sonido. Aprendimos tamén a considerar distintas posicións da cámara: en fronte, desde arriba ou o contrapicado. Tratouse o tema do plano/contraplano nunha entrevista. . Despois proxectounos unha curta realizada por ela como proposta para que xurdiran cuestións. En definitiva, unha tarde ben completa.



story | by Dr. Radut