Skip to Content

Consello Escolar: prazo para presentación de candidaturas

Hoxe celebrouse a primeira sesión de traballo da Xunta Electoral, que está integrada polas seguintes persoas:

-Xesús Fernández Sulleiro (director), que actúa como presidente.

-Diego Rodríguez Otero (docente), secretario.

-María Ramos Valiñas (nai), vogal.

-Adrián Troitiño Adán (alumno), vogal.

-Maite Casal Tato (non docente), vogal.

As decisións adoptadas na sesión de hoxe son as seguintes:

-Publicar os censos electorais, que estarán dispoñibles en Secretaría para a súa revisión por parte dos membros da comunidade educativa ata o día 16 de novembro.

-Aprobar o calendario de actuacións (ver documento adxunto).

As vacantes que se someten ao proceso electoral son:

-3 representantes dos pais/nais.

-1 representante do persoal non docente.

-3 representantes do profesorado.

-2 representantes do alumnado.

Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura deberán cumprimentar o modelo que se adxunta e rexistralo na Secretaría do centro. O prazo para facelo empeza o 6 de novembro e remata ás 14 horas do día 16 dese mesmo mes. 

AdxuntoTamaño
calendario eleccións consello 2012.pdf236.32 KB
Candidatura alumnado.pdf158.79 KB
Candidatura PAS.pdf160.01 KB
Candidatura profesorado.pdf159.15 KB
Candidatura pais-nais.pdf159.36 KB


story | by Dr. Radut