Skip to Content

"Adolescentes e novas tecnoloxías"

O xoves 25 de abril, ás 20:00 horas, no IES Pintor Colmeiro, as nais e pais do noso alumnado terán a oportunidade de asistir a unha charla sobre aqueles aspectos que máis preocupan ás familias sobre o uso que fan os seus fillos e fillas das novas tecnoloxías: redes sociais, internet, videoxogos, xestión do tempo, establecemento de límites, xestión de conflitos  ... Esta temática foi demandada polas familias na charla anterior e animamos a tod@s a que asistan!

Será impartida polo Doutor en Psicoloxía Social D. Antonio Rial Boubeta, profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de artigos e libros relacionados coa temática que imos tratar, responsable de proxectos de investigación no eido da mocidade dende o uso problemático de internet, as redes sociais, o ciberbullying ou o consumo de alcol e outras drogas. En 2010 foi coordinador do primeiro estudo de "Adolescentes e  Internet en Galicia", en 2014 "Mocidade 0nLine"...



story | by Dr. Radut