Novas, avisos, premios
ENTREGA NOTAS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 20-21 E PERIODO DE RECLAMACIÓNS
ENTREGA DE NOTAS E RECOLLIDA DE PORTÁTILES E MANUAIS DO FONDO DE LIBROS
Martes 7 de setembro de 10:00 h a 10:15 h nas aulas de referencia.
REVISIÓN DE EXAMES
Martes 7 de setembro de 11:00 h a 12:00 h amosaranse os exames nas aulas que figuran a continuación:
RECLAMACIÓNS
CARNÉ XOVE
Tal como nos adiantaron nas XI Xornadas Informativas: Carné Xove o día 14 de decembro, modificouse o procedemento de solicitude de dito carné.
Tedes toda a información seguinte enlace: CARNÉ XOVE
HORARIOS PRESENTACIÓN CURSO 2020/2021
MÉRCORES 23 DE SETEMBRO
- 1º ESO A: de 10,00 h a 11,45 h (porta principal dereita)
- 1º ESO B: de 10,15 h a 12,00 h (porta principal dereita)
- 1º ESO C: de 10,30 h a 12,15 h (porta principal dereita)
- 1º ESO D: de 10,45 h a 12,30 h (porta principal dereita)
- 1º ESO E: de 11,00 h a 12,45 h (porta principal dereita)
- 2º ESO A/C: de 11,15 h a 12,15 h (porta principal dereita)
- 2º ESO B/D: de 11,30 h a 12,30 h (porta principal dereita)
- 1º BAC C: de 11,45 h a 12,45 h (porta lateral ao carón da cafetería)
- 1º BAC A/B: de 12,00 h a 13,00 h (porta principal esquerda)
Os autobuses recollerán ao alumando na primeira parada ás 9,20 h e sairán do centro ás 13,00 h.
O alumnado con presentación o mércores 23 comezará a xornada lectiva completa o xoves 24.
XOVES 24 DE SETEMBRO
- 2º BAC A: de 10,30 h a 11,30 h (porta principal esquerda)
- 2º BAC B: de 10,45 h a 11,45 h (porta lateral a carón da cafetería)
- 2º BAC C: de 11,00 h a 12,00 h (porta lateral a carón da cafetería)
- 3º ESO A: de 12,45 h a 13,45 h (porta lateral a carón da cafetería)
- 3º ESO B: de 13,00 h a 14,00 h (porta lateral a carón da cafetería)
- 3º ESO C: de 13,15 h a 14,15 h (porta principal esquerda)
Se o alumnado precisa do servizo de autobús terá que acollerse ao horario habitual, dado que hai grupos que xa teñen a xornada lectiva completa.
O alumnado con presentación o xoves 24 comezará a xornada lectiva completa o venres 25.
VENRES 25 DE SETEMBRO
- FP 1: de 10,30 h a 11,30 h (porta principal esquerda)
- FP 2: de 10,45 h a 11,45 h (porta lateral a carón da cafetería)
- 4º ESO A: de 12,45 h a 13,45 h (porta lateral a carón da cafetería)
- 4º ESO B: de 13,00 h a 14,00 h (porta lateral a carón da cafetería)
- 4º ESO C: de 13,15 h a 14,15 h (porta principal esquerda)
Se o alumnado precisa do servizo de autobús terá que acollerse ao horario habitual, dado que hai grupos que xa teñen a xornada lectiva completa.
O alumnado con presentación o venres 25 comezará a xornada lectiva completa o martes 29.
Recordamos que o luns 28 é festivo local no Porriño.
NOTA INFORMATIVA (Actualizada a día 21 de setembro de 2020)
- O ensino no IES Pino Manso será presencial en todos os seus cursos e grupos no seu horario habitual.
- Gardarase a distancia de 1,5 m nas aulas e non teremos que recorrer ao uso de mamparas salvo para separar parellas de postos informáticos nunha aula de informática e en FP 2 (sempre que non aumente a matrícula en ningún dos niveis do centro).
- Os desdobramentos faranse en primero de ESO (5 grupos) e en segundo de ESO (catro grupos), mantendo no resto da ESO e do Bacharelato a liña 3 do centro.
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO
Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/2020
Prazo de presentación de solicitudes: Do 23 de xullo de 2020 ata o día 24 de agosto de 2020.
Requisitos alumnado: Ter rematados os estudos de bacharelato no curso 2019-20 e ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
Información sobre a convocatoria e solicitudes: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31571
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria
correspondentes ao curso 2019/20
Prazo de presentación de solicitudes: entre o 27 de xullo e o 21 de agosto de 2020
Requisitos alumnado: Estar proposto para o título de graduado en educación secundaria e ter obtido no conxunto dos catro cursos unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
Información sobre convocatoria e solicitudes: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31594
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »