Bacharelato

ALUMNOS DE 1º DE BACHARELATO VISITAN EN MADRID A EXPOSICIÓN "ARTE Y CARNE"

Os alumnos de 1º de Bacharelato que cursan a materia de Anatomía Aplicada, acompañados da súa profesora Lucinaide Fernández, visitaron en Madrid o 17 de marzo a exposición "Arte y carne. La anatomía a la luz de la ilustración".

O doutor D.Fermín Viejo impresionou ao grupo coas súas extraordinarias explicacións.

CAMIÑO DE SANTIAGO 2017. SEMANA DE ACTIVIDADES

2017-04-04 07:30
2017-04-08 19:30
Europe/Madrid

Entre o 4 e o 8 de abril o alumnado de 1º e 2º de bacharelato, acompañado dos profesores Eva del Buey, Mercedes Bangueses e Juan Carlos Alonso, percorreu o Camiño desde Sarria ata Santiago. Foron cinco días para compartir. Con motivo do 50 aniversario do Centro esta proposta encaixa na semana de actividades, que todos os anos celebra o IES Pino Manso.

Saída do Porriño: martes, 4 de abril

Chegada a Santiago: sábado, 8 de abril

DÍA DE ACOLLIDA AO NOVO ALUMNADO DE BACHARELATO. CURSO 2018-19

2018-06-06 11:00
Europe/Madrid

O día 6 de xuño, xornada de acollida ao novo alumnado do CPR Hermanos Quiroga que estudará o Bacharelato no IES Pino Manso.

BENVIDOS!!!!!!!!!

TALLER DE FRANCÉS. 3º Trimestre 2018

A profesora Monique Otero desenvolve a materia de "Taller práctico de francés" mediante a aprendizaxe por tarefas.

Algunhas da realizadas no terceiro trimestre pódelas ver facendo clic AQUÍ

FESTIVAL DE CANS 2018

Na semana do 23 ao 26 de maio tivo lugar a XV edición do afamado festival de Cans. Como cada ano o alumnado de 4º da ESO do IES Pino Manso, tivo a posibilidade de visitar algúns dos espazos nos que se proxectaron os curtametraxes.

Ademais o booktrailer titulado "Recoméndoche un libro: O principiño", presentado ao concurso polos profesores Lourdes Manteiga, Monique Otero e Juan Carlos Lago e as alumnas de 2º de bacharelato Laura Lorenzo e Ainhoa Martínez foi merecedor do premio do xurado.

NORABOA!!!!!!!

Para velo só tes que facer clic AQUÍ

Distribuir contido