Colabora coa Revista do IES Pino Manso
Boas, os departamentos de Filosofía e Plástica, xunto ao alumnado que conforma a dirección da revista Opino, queremos convidar ás familias a participar no número deste curso. O tema é "Adolescencia"e trátase de que trasladedes as vosas reflexións, inquedanzas, opinións... sobre como estades a vivila, que sentides, que vos preocupa, vos preguntades ou pensades. O formato é diverso, dende unha frase ata unha pequena disertación, unha imaxe, poema,etc. As colaboracións podedes envialas a revistaopino@gmail.com
O prazo límite é o 30 de abril.
Un saúdo e grazas,
A Dirección da Revista Opino