CHARLA PROGRAMA A PONTE

O alumnado de Matemáticas e de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais de 1º e 2º de Bacharelato asistiron á charla "Data Science: Estatística e matemáticas para a sociedade da información", de Manuel Febrero Bande, profesor da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. A charla pertence ao programa A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC.