Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Xuño 19, 2018
Start: 2018-06-19 19:30

O día 19 de xuño tivo lugar a presentación do libro: "IES PINO MANSO 1966-2016. 50 anos de ilusións" escrito por tres profesores do instituto e que supón un traballo riguroso de investigación baseado en parte nos documentos que se conservan no arquivo do mecionado centro.

O percorrido polos anos sesenta no Porriño, permiten ambientar aqueles anos nos que se construiu o edificio. Tamén se desenvolve un capítulo dedicado ás construccións escolares que supuxeron unha transformación no xeito de entender a escolarización.

Por último, o desenvolvemento da vida académica dende o ano 1966 ata o 2016, permiten coñecer os cambios e avances que ao longo destes 50 anos se produciron no ámbito escolar en xeral e neste centro público en particular.

O libro foi editado polo Concello do Porriño.

Mércores Xuño 20, 2018
Start: 2018-06-20 10:45

O mércores, 20 de xuño, o alumnado de 3º ESO desenvolverá actividades deportivas no pavillón.

Alumnado: 3º ESO

Hora: 10:45-12:25

Xoves Xuño 21, 2018
Start: 2018-06-21 10:30

O alumnado de 2º ESO, hoxe día 21 de xuño, gozará dunha obra de teatro no centro cultural do Porriño que pretende achegar aos máis novos a importancia de valorar aos nosos maiores.

ALUMNADO: 2º ESO

HORA: 10:30-12:00

Start: 2018-06-21 12:50

Como cada ano dende hai catro, celebraremos o festival de final de curso "Ti se que vales". Bailes, coreografías, cancións, e todas as actividades festivas que propoñades.

Celebrarase na zona do patio cuberto dende as 12:50h

ANÍMATE A PARTICIPAR

Martes Xuño 26, 2018
Start: 2018-06-26 18:30

O vindeiro martes, día 26 ás 18:30h teremos una sesión de acollida ás familias do novo alumnado de 1º ESO.

LUGAR: Salón de Actos

BENVIDOS!!!!!!

Distribuir contido