Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Maio 18, 2017
Start: 2017-05-18 12:50

O alumnado de 3º e 4º ESO tivo a oportunidade de coñecer distintos aspectos sobre a cultura estadounidense.

Venres Maio 26, 2017
Start: 2017-05-26 20:00
End: 2017-05-26 22:00

O acto de graduación para o alumnado de 2º de bacharelato terá lugar no IES Pino Manso ás 20:00h.

Este ano ademais, como celebración dos actos do 50 aniversario do centro, faremos unha homenaxe ao alumnado que inaugurou o instituto no curso 1966-67

Xoves Xuño 08, 2017
Start: 2017-06-08 11:30
End: 2017-06-08 14:00

O xoves, 8 de xuño tivo lugar a tradicional xornada de acollida ao alumnado que cursará no IES Pino Manso o primeiro Curso de Secundaria.

A maioría dos futuros alumnos e alumnas, proceden dos centros adscritos, CPR Plurilíngüe de Atios e CPR Fernandez López.Todos gozaron da súa primeira estancia no centro, no que a partir do vindeiro curso 2017-18, continuarán a súa formación.

Guiados por alumnos, xa veteranos, que cursaron este ano 1º da ESO, visitaron a Biblioteca do centro, o laboratorio de Química, o Ximnasio, etc para rematar a xornada cun aperitivo na cafetería. 

BENVIDOOOOOOOOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Venres Xuño 09, 2017
Start: 2017-06-09 12:50
End: 2017-06-09 13:40

Unha xornada para coñecer a Guadi Galego quen se achegou ao IES Pino Manso para estar cos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato que versionaron o vídeo "Matriarcas" grazas a colaboración dos profesores Dorinda Castro e Juan Carlos Lago.

 

   LUGAR: Salón de Actos

   HORA: 12:50-13:40h

Aquí vos deixamos unha pequena lembranza

NORABOA A TOD@S!!!!!!!!

Luns Xuño 12, 2017
Start: 2017-06-12 11:35
End: 2017-06-12 12:25

O alumnado de 4º ESO A,B,C ven de recibir un premio polo traballo desenvolvido na contorna grazas á aplicación openstreetmap.

Baixo a supervisión e asesoramento do ex alumno do IES Pino Manso, Rafael Ávila Coya, os alumnos "mapearon" o Porriño identificando aqueles locais públicos accesibles a persoas en cadeiras de rodas.

Esta iniciativa mereceu o premio "Cooperativismo nas escolas" que entregou a Secretaria territorial da Xunta en Vigo, dona Yolanda Lesmes ás alumnas Leticia Urgal e Selene Ferreira en representación do alumnado.

DATA: 12 de xuño, 2017

LUGAR: Salón de Actos

Xarope Tulú ofreceu a narración-musical titulada "O cardume"

NORABOA!!!!!!!

Distribuir contido