Skip to Content

Que está acontecendo?

Unha e mil veces grazas

No marco do noso proxecto educativo de cooperación Na casa de papel, o alumnado de 4º de ESO fixo un vídeo colaborativo para dar as grazas mil e unha veces aos colectivos máis afectados pola alarma sanitaria.

As gravacións foron feitas durante o confinamento debido á Covid 19. A edición final deste vídeo foi rematada aínda estes días. Trátase dun xesto desinteresado para recoñecer o esforzo e traballo de todxs nesta pandemia e para demostrar  tamén que a responsabilidade individual redunda no ben de todxs.

Diario do confinamento 2020

Os alumnos/as de 4º de ESO estiveron escribindo os seus diarios do confinamento. A súa profesora Miruca Parga seleccionou os textos que forman o seguinte diario de 4º de ESO A. 
 

Letras Galegas en voz alta

Selección de textos especial Letras Galegas Ricardo Carvalho Calero

Un traballo do alumnado de 2°, 3° ESO e 2° de bach. do IES Perdouro guionizado pola súa profesora Belén Couto.
 

Coplas en homenaxe a Carvalho Calero

Odas a un invento

Para estimular a creatividade literaria do seu alumnado de 4º, a profesora Eva propúxolles escribir unhas odas a uns inventos do seu gusto. E aquí o fabuloso resultado!!!

 

Letras galegas 2020 - Ricardo Carvalho Calero

Xa chegaron os carteis especiais Letras galegas que como cada ano acostuma publicar o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Este curso traballaron en equipo, investigaron e maquetaron os alumnos/as de 4º ESO liderados pola súa profesora Miruca Parga. Entre todos os carteis feitos houbo que seleccionar os doce que resumían  a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero. Se queres saber máis sobre a figura homenaxeada das Letras deste ano, só tes que ver estes carteis informativos.

Coplas Os Maios

O alumnado de 2º de 3º de ESO estivo compoñendo unhas coplas en lingua galega coa súa profesora Belén. E aquí o resultado da creatividade en ocasión moi graciosa do noso alumnado.

Desafío literario

Serás quen de adiviñas que personaxe literario está representando o noso alumnado de 1º de Bach?

Adiante! Temos 21 viñetas. Aceptas o reto? Pois esperamos os teus comentarios.
 


Un traballo realizado en lingua castelá e literatura co alumnado de 1º de Bach.

Rap do confinamento

O alumnado de 4º de ESO de Música compuxo uns versos durante os primeiros día do confinamento e cantounos con base rítmica de rap. Aquí deixámolos por orde de lista.
 

Feliz Día do Libro 2020

Nestes tempos de muíños e xigantes, o alumnado de 3º ESO do IES Perdouro, lánzase á aventura combaténdoos coas mellores armas e agasállavos coas extraordinarias letras de don Miguel de Cervantes sobre o amor, a xustiza e a liberdade. Feliz Día Internacional do Libro 2020!

Exposición anual da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña

Este ano debemos suspender o noveno proxecto da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña que leva por título "Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo" e aprazámolo para o vindeiro curso, dadas as circunstancias por mor da COVID-19.

A Microrrede sigue traballando e queda na casa.

Vídeo das bibliotecas escolares implicadas no proxecto : Este ano quedamos na casa.

 

II Certame de regueifas do IES Perdouro - Fase confinamento

NON PERDAS O NORTE 2020

Debido ao confinamento pola aparición do virus SARS-CoV-2 o equipo organizador do certame decidiu actualizarse e adaptarse ás novas medidas. O certame cambia radicalmente.
 
Volvemos abrir o prazo de inscrición. Neste caso a vosa participación no certame consistirá no envío dun vídeo regueifando. 
 
Recibiranse vídeos ata o día 24 de abril. 
 
Para máis información consultar as bases na nosa web https://nonperdasonorte.webador.co.uk/

Finalistas Concurso de carteis 8M

Xa temos os traballos finalistas do concurso de cartel 8M. Parabéns ao participantes!!
 
Feminismo para vivir!!!


Baile pola igualdade

Tiñamos unha cita esta mañá no patio do instituto, profesores e alumnos. 
Era o baile definitivo sobre a canción E ti, só ti, versión de Sé,  co propósito de visibilizar a igualdade.
Logo de ensaiar nos recreos desta semana a coreografía do baile que as alumnas de xinmasia rítmica nos ensinaron, chegou o día da gravación. 
Celia Leivas, alumna de 3º ESO, conduciu o acto abríndoo coa lectura dun pequeno manifesto feito por ela.
Cristian fixo de técnico de cámara e contamos con José Luis do departmento de Electrónica na megafonía. Todo saíu ben, mais houbo que facer tres tomas. Agora toca esperar pola montaxe do vídeo. Mentres tanto aquí algunhas fotografía do acto 8M.

Mulleres destacadas

Co gallo do Día da muller, na aula PT, o alumnado de Rosa traballou sobre estas mulleres que vemos neste  humilde mural.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut