Skip to Content

Curso 2016-2017

Daniel Piqueras na Fase Final da Olimpiada Matemática 2017

Por terceiro ano consecutivo un alumno do IES Perdouro na final da Olimpiada Matemática. 
 
O noso alumno Daniel Piqueras Valle de 2º de ESO está entre os 4 mellores de Lugo e os 40 finalistas clasificados/as para a fase final galega da Olimpiada Matemática que se celebrará en Lugo o xoves 18 de maio. Parabéns Daniel!!

Equipo Maruxía 23 - treito final

O equipo de redación de Maruxía composto por Zaira, Laura, Andrea, Damaris, Yaiza e liderado por Miruca Parga está ultimando o seu número 23 do xornal antes da súa próxima entrega a Escola de Prensa de El Progreso. Foron moitas as noticias cubertas, as entrevistas feitas, as reportaxes de interese e tamén moitas as tardes de maquetación. Un traballo ben feito sempre leva o seu tempo mais esta vez sospeitamos que será un excelentísimo traballo. As alumnas sempre moi motivadas traballaron arreo.  
 

Correlingua 2017

Os rapaces de 1º de ESO acodiron á convocatoria anual do Correlingua na Mariña baixo o lema "En Galego, sen cancelas". A camiñata a prol da lingua celebrouse, nesta ocasión, en Viveiro. Isabel Risco presentou o acto final. Os nosos alumnos tamén aportaron o seu pequeno gran de area cunha pancarta co lema da convocatoria menstres outros, preparados polo seu profesor de Educación Física, participaron na carreira. Fíxose lectura do manifesto gañador deste ano e houbo actuacións de alumnado dos centros da Mariña así como a entrega de premios aos gañadores da carreira. E para rematar, o grupo de Roberto Sobrado pechou o acto coa súa actuación. Unha xornada de ledicia e deportiva!!!
 
Accede ás fotografías no blogue de Perdourando.
 

Ruta da auga - 3º ESO

Alumnos de 3º de ESO do IES Perdouro acompañados dun técnico da empresa Espina e Delfin e da súa profesora de bioloxía Lucía Martínez visitaron este luns as instalacións da potabilizadora da Senra e a depuradora de Alfoz.
Juan Moreno, o inxeñeiro de augas, empezou a ruta da auga por a  depuradora ..... seguir lendo no blogue de Perdourando.

4º ESO - charla afectivosexual coa sexóloga Beni Martínez

Esta tarde desenvolveuse un Obradoiro sobre Educación Sexual, destinado o alumnado de 4º ESO.
 
A experta en sexualidade, Benita Martínez García, e tamén matrona  - que durante moitos anos axudou a traer o mundo a maioría dos nenos da zona - foi a encargada de impartir este obradoiro coa finalidade de promover entre os nosos mozos a asociación entre sexualidade e afectividade (unha visión diferente do sexo no que este non apareza desvinculado dos afectos e dos sentimentos), así como reforzar os coñecementos sobre os Métodos Anticonceptivos.


Foron dúas horas nas que os nosos alumnos/as puideron aclarar conceptos e disipar dúbidas coa sexóloga que se mostrou próxima e comprensiva coas súas preocupacións e demandas.

Viaxe a Londres - 4º ESO

O pasado 26 de abril un grupo de 24 alumnos do IES Perdouro, acompañados polo profesor de Inglés, Toni  Galdo, e a profesora de Lingua Castelá, Cristina Rivero, emprenderon unha viaxe rumbo a Londres que durou 5 días, coa finalidade de coñecer unha capital de fala inglesa e poñer en práctica as súas destrezas en comunicación oral. 
 
Durante a súa estancia en Londres, puideron coñecer os lugares e monumentos máis emblemáticos e disfrutar do seu ambiente, como dos espectáculos dos típicos street buskers. Fixeron distintas visitas culturais, como o Museo Británico e o Natural History Museum ou o Science Museum. Tamén percorreron as súas rúas coñecendo landmarks como Buckingham Palace, Piccadilly Circus, Trafalgar Square e un largo etcétera, tras o que remataron verdadeiramente agotados, pero con bo sabor de boca e ganas de repetir a experiencia.
Ademais, á súa chegada, as familias comprobaron o bo ambiente e o compañeirismo que durante eses días se forxou entre o grupo, que formou unha auténtica piña.
 

Charla sobre a auga

O alumnado de 3º ESO recibiu esta mañá a visita do especialista e técnico de Espina y Delfín, Juan Moreno, para falarlles da auga. 
 
A profesora Lucía Martínez, como medio de chamar a atención sobre a importancia da agua e da xestión sostible dos recursos da auga, organizou esta charla para sensibilizar aos seus alumnos de 3º de ESO sobre un uso sostible deste ben tan preciado e imprescindible para a vida. Juan Moreno explicoulles con datos contundentes o consumo moitas veces excesivo, os tratamentos para potabilizar ou para depurar, os impactos dunha simple fuga de auga co obxetivo de promover en eles unha boa práctica da súa utilización no día a día. O aproveitamento da auga empeza pola participación de todos nós.

Os clásicos

Un grupo de gaiteiros veteranos moi coñecido na Fonsagrada e zonas limítrofes entre Asturias e Galicia, como Os Oscos ou A Pontenova, deron un concerto ao alumnado de 2º de ESO na aula de música o pasado martes 28 de marzo. A actividade que foi organizada pola Asociación Cultural Os Matos tivo moito éxito entre o alumnado presente.
Os músicos que se fan chamar Os Clásicos son ..... seguir lendo no blogue de Perdourando.

Concerto de Canto da Municipal de Música de Burela

O mércores, 26 de abril, recibimos a visita na aula de música dun grupo de profesores e alumnos de canto da Escola Municipal de Música de Burela. Viñeron acompañados polo director da Escola, o músico e compositor Xan Carballal.
 
Ofrecéronos un concerto moi interesante onde a profesora Irina nos foi presentando os diferentes tipos de voces e as súas caracterśticas, así como moitos outros aspectos relacionados cá voz.

O repertorio que disfrutamos foi diverso e variado, dende un espiritual negro “ Go down Moses”, a capella, ata repertorio belcantista (Bellini) lied romántico (Schubert) pasando pola .... seguir lendo no blogue de Perdourando.

A escritora Iria Misa en BiblioPerdouro


Co gallo de celebrar o día do libro, o luns 24 de abril achegouse ao IES Perdouro Iria Misa para encontrarse co alumnado de 3º PMAR e 4º de ESO. A escritora naceu o 23 de febreiro do ano 1983 en Gondomar. Actualmente vive en Baiona e é profesora de Inglés de Educación Secundaria.
O seu soño dende pequena sempre foi o de ser escritora e, despois de varios anos escribindo e perfeccionando cada unha das frases e textos que redactaba, conseguiu, por fin, acabar a súa novela Xa non estou aquí.

Este libro trata dunha rapaza que repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A protagonista, Ánxela, tense que enfrontar aos conflitos de personalidade propios da adolescencia. Á parte deste tema, trátanse moitos outros como as drogas, a homosexualidade, a relación cos pais… Trátase dunha historia intrigante, de lectura fluída pero que agocha unha temática moi complexa.
 
Iria xa se presentara a algún que outro concurso cos seus relatos, ata que decidiu envialos ao Jules Verne de literatura xuvenil convocado pola editorial Xerais. E non só gañou a edición 2016, senón que chegou á final con dúas das súas novelas.
Contounos que as súas obras a acompañan durante moito tempo ata que senta a redactalas e a perfeccionalas pouco a pouco durante uns cantos meses ata obter o resultado que ela desexa ter ou un resultado mellor do que imaxinaba.
Tamén nos comentou un pouco por enriba algún dos temas que trata na súa próxima novela que sairá á luz antes de que acabe o 2017. Contounos tamén que tiña ganas de escribir literatura para adultos, pero que aínda non sabía como facelo, así que polo momento seguirá escribindo literatura xuvenil. 
 
Yaiza Rivas- 3º ESO
 

Obradoiro da prehistoria

O luns 24 de abril, os alumnos de 1º da ESO participamos nun obradoiro sobre a Prehistoria.

Dous monitores arqueólogos da GaliPat Servizos Culturais foron os encargados de explicarnos a evolución do home ao longo da prehistoria e as etapas polas que foi pasando. ...... aprendemos a facer lume de dúas maneiras diferentes, ao xeito primitivo: ..... seguir lendo a crónica de Manuel González de 1º ESO B no blogue de Perdourando.

Obradoiro escritura medieval

No marco do día do libro, tivo lugar o luns 24 de abril un obradoiro baseado na cultura medieval e destinado aos cursos de 2º ESO e GAE.
Foi unha actividade de escritura medieval a cargo de GaliPat Servizos Culturais. Ensináronnos cando e onde naceu, o primeiro tipo de escritura, onde se facía e como.
Entre moitas cousas que nos contaron, o máis destacado foi que:
- A escritura naceu na Prehistoria ..... seguir lendo a crónica da Yaniss dos Santos 2º ESO A no blogue de Perdourando.
                      
 

Concerto didáctico en Lugo - 3º ESO

O 27 de abril os alumnos de 3º ESO e o grupo GAE asistiron a un concerto didáctico no auditorio Gustavo Freire de Lugo.
 
A proposta didáctica deste concerto foi desenvolvida e presentada polo musicólogo e compositor Xoán Xil López.
 
O título desta proposta, “Six japanese gardens” (seis xardíns xaposneses) fai referencia á obra dunha das compositoras que poidemos escoitar, a finlandesa Kaija Saariaho, quen en 1993 compón unha serie de seis minaturas con este nome, como consecuencia das impresións que recibe tras unha viaxe a Xapón.

O espectáculo combina danza contemporánea, percusión e música electrónica.... Seguir lendo no blogue de Perdourando.

Viaxe a Londres - 4º ESO

Alumnos de 4º de ESO en Londres - Día 1: Trafalgar Square e Piccadilly Circus

L’image contient peut-être : 12 personnes, personnes souriantes, chaussures et plein air

Segundo nos di Toni, o seu profesor de inglés, chegaron esta mañá facendo unha boa viaxe en avión. Foron recibidos na capital británica por unhas temperaturas bastante frías e algún que outro chuvasco entre claros. Espéranlles catro días intensos de visitas e goce. Seguiremos informando.

Mosteiros e conventos da Mariña de Lugo, un traballo de investigación

Esta mañá tivo lugar na biblioteca o acto de presentación dun traballo elaborado polo alumnado de 2º de Bacharelato. Antón Niñe foi o coordinador e quixo coa axuda do Concello de Burela poder plasmar este traballo de investigación nun díptico que leva por título "Mosteiros e conventos da Mariña de Lugo".
No acto presidido polo alcalde, Alfredo LLano, os alumnos de 2º de Bacharelato explicaron como se desenvolveu o traballo colaborativo e de investigación entre eles. Uns desprazáronse para sacar fotos dos templos e outros entrevistáronse cos curas.  
De Mondoñedo, referenciaron o Convento da Concepción, o Convento dos Picos, e o Convento de San Pedro de Alcántara. En Lourenzá, fálannos do Mosteiro de San Salvador. En Ribadeo citan o Convento de Santa Clara e a igrexa de Santa María do Campo. En Foz, reseñan a Basílica de San Martiño. En Viveiro, non esqueceron o Convento de Valdeflores, o Convento da Concepción e o Convento de San Francisco. E no Vicedo quedan os restos do Mosteiro de San Miguel.
 
De cara a Semana Santa, vanse imprimir 2000 exemplares para poder repartir entre as oficinas de turismo das localidades.
 
Accede o noso albúm fotográfico aquí.
Distribuir contido


by Dr. Radut