Skip to Content

IdA - proxecto de mobilidade para mozas e mozos

Os días 13 e 14 de marzo, o director do IES Perdouro, Santiago Pérez Docobo, e José Antonio Alvite Fernández, profesor de Ciclos Formativos, asistiron na Coruña a unhas xornadas transnacionais do programa IdA “Mobilidade de xuventude en situación de desventaxa entre Alemaña e Galicia” na Fundación Paideia. 
A Fundación Paideia Galiza (A Coruña) a través do Ministerio Alemán de Traballo e Asuntos Sociais e no marco do Programa “IdA - Integración a través de intercambio” (un programa alemán, financiado polo Fondo Social Europeo) ten un acordo co proxecto alemán “A ida- vias transnacionais para a integración no mercado de traballo e desenvolvemento rexional”. IdA ofrece prácticas laborais no extranxeiro a aquelas mozas e mozos que deixaron os estudos, rapaces titulados que buscan emprego, desempregados, e nais-pais solteiras/os. Dende o inicio do programa en 2008, cerca de 7.600 mozos alemáns participaron en IdA. En concreto, no marco de cooperación coa Fundación Paideia, 137 alemáns realizaron as súas prácticas en Galicia e desde  2012 a entidade galega enviou 41 participantes a Alemaña. 
Tras obter os resultados de avaliación, aproximadamente, o 60% dos participantes de IdA accederon a un posto de traballo ou a unha formación profesional unha vez finalizada a súa estancia no estranxeiro.
O objetivo principal destas xornadas é transferir o programa ao resto das comunidades autónomas e conxuntamente debater sobre cales poden ser os recursos para o fomento da empregabilidade da nosa  xunventude dada a trascendencia que nestes momentos teñen as políticas de emprego xuvenil. 
Estase a preparar unha saída a Alemaña dende Galicia para todas/os aqueles interesados . Ver requisitos aquí.


page | by Dr. Radut