CHARLA CULTURAL SOBRE AUSTRALIA E NEW ZEALAND
Robin Walker, profesor de inglés involucrado no ensino do inglés a nivel internacional e colaborador de Oxford University Press España e a Universidade de Oviedo, brindou unha conferencia distendida sobre dous países de fala inglesa que coñece de preto: Australia e Nova Zelanda, baixo o título: As Antípodas. A actividade, dirixida aos alumnos de 3º ESO, celebrouse na biblioteca do IES Perdouro o día 24 de novembro en horario de 10.30 a 11.15.
Neste acto os alumnos, que traballaran previamente a través dunha webquest e da proxección de dous vídeos aspectos culturais e xeográficos destes países, formularon preguntas en inglés a Robin Walker ao remate da súa intervención. Na súa exposición, o conferenciante insistíu na singularidade de Australia e Nova Zelanda, dous territorios coa súa propia identidade.
Como producto final, os grupos elaborarán unha breve reseña dos aspectos que a nivel individual máis lles chamaran a atención ou máis lles gustaran sobre esta actividade.