Solicitude de admisión
O alumnado que desexe acceder ás ensinanzas de ESO ou Bacharelato no IES Perdouro e que non teña praza reservada(1), debe presentar solicitude de admisión.
(1)O CEIP Virxe do Carme é centro adscrito do IES Perdouro e polo tanto o seu alumando ten dereito á reserva de praza, sempre que o solicitara no prazo establecido.
Prazo de solicitude: do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.
Formas de presentar a solicitude:
1. De forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado, identificándose con Certificado Dixital ou Chave365. Manual para as familias.
2. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual presencialmente no centro: a través da aplicación admisionalumnado, ir ao menú "Solicitudes - Admisión - Crear ", cubrir os datos que se solicitan, premer en "Crear e Confirmar", descargar a solicitude, asinala manualmente e presentala na secretaría do IES Perdouro.
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: descargar os formularios, cubrilos manualmente e presentalos asinados na secretaría do IES Perdouro, utilizando o formulario ED550B (formulario en castelán).
Xunto con estes formularios débese presentar a seguinte documentación:
- DNI do alumno/a e dos membros da unidade familiar (cando non se autorice a súa consulta).
- Libro de familia.
- Certificado oficial do expediente académico.
- Resolución xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se é o caso.
A solicitude de admisión presentada nun centro educativo poderá anularse mediante a presentación dunha nova, indicando expresamente por escrito que quedan sen efecto a/s presentada/s con anterioridade.
Criterios de baremación de solicitudes:
Importante: Cando se presenta a solicitude débense marcar todos os criterios que se pensan alegar no baremo. A documentación acredidativa pedirase máis tarde no caso de ter que baremar, pero os criterios alegados xa non se poderán modificar.
- Criterios xerais: Recollidos no artigo 9 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG, venres, 11 de febreiro de 2022), donde se detallan os criterios e a puntuación outorgada a cada un.
- Criterio propio do centro: neste centro temos aprobado o criterio de baremación ao que se refire o artigo 9, apartado k) do citado Decreto. Ver
Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremación:
So no caso de que houbera maior número de solicitudes que de prazas ofertadas, os solicitantes deberán presentar a documentación de forma presencial na secretaría do centro.
Prazo: do 21 de marzo ao 11 de abril, ambos incluídos.
Postos escolares vacantes que se ofertan:
Postos vacantes para ESO e BAC_curso 2024-25