Na data que se indica a continuación celebraremos no IES Perdouro unha xornada informativa relativa ao proceso de admisión.
Data: luns, 22 de xaneiro
Hora: 18:00h
Esta reunión vai destinada ás familias e alumnado que consideren incorporarse ao centro no curso 2024/2025, co fin de mostrarlles o funcionamento e as instalacións do noso instituto. Tamén ofreceremos información sobre o proceso de admisión para a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Ciclos Formativos.
Para facilitar a organización, abrimos un período de inscrición previa desde o luns 15 ata o venres 19 de xaneiro, ambos incluídos, ata completar aforo.
En caso de superar o aforo, realizarase unha nova convocatoria para aquelas persoas apuntadas que non puideron asistir.
Para inscribirse, poden facelo por teléfono (982 870 102) ou ben enviarnos un correo electrónico (ies.perdouro@edu.xunta.gal) indicándonos a seguinte información*:
- Nome e apelidos do pai, nai ou titor/a do alumno/a.
- Teléfono de contacto.
- Correo electrónico de contacto.
- Curso e centro no que está matriculado o alumno/a na actualidade.
- Indicar o número de persoas asistentes.
Unha vez completado o proceso de admisión, organizaremos novas reunións informativas para o alumnado con praza adxudicada.
O período de reserva de praza en centros adscritos está aberto ata o día 5 de febreiro.
Normativa:
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html