A fase nacional da II Olímpiada Científica Xuvenil terá lugar en Oviedo do 1 ao 4 de setembro. Nela participan por parte do IES Perdouro, Raúl Cayón Fernández, Nerea Francos Cornide e Paula López Martínez, gañadores da fase autonómica galega. Van acompañados pola súa profesora Charo Fernández Suárez. Nesta ocasión participarán con outros 16 equipos nunha proba que constará das seguintes partes:
- test individual,
- problemas e cuestións para desenvolver tamén de xeito individual
- e probas experimentais en equipo.
Pódese consultar máis información en https://quintescience.es/ijso/fase-nacional-2021/
Desexámoslles moita sorte neste reto!!