O IES Perdouro ofréceche a posibilidade de estudar un ciclo formativo:
- Con seis meses de formación en empresa
- Cobrando unha remuneración
- De alta na Seguridade Social
- Con unha maior probabilidade de obter un contrato de traballo ao finalizar
- Sen requisitos de idade
Prazo de solicitude do 23 de xuño ao 5 de xullo (ata as 13 horas). Consulta a información sobre admisión en ciclos formativos no portal de FP.
Explicámolo un pouco máis:
Dentro dos ciclos formativos de réxime ordinario, unha parte do alumnado terá a opción de realizar o segundo curso en modalidade dual.
O centro educativo ofrecerá algunhas prazas(1) para realizar o segundo curso do ciclo en modalidade dual, incorporándose a unha empresa durante os dous últimos trimestres. O alumnado que solicite unha destas prazas debe superar un proceso de selección que inclúe, entre outros, os seguintes requisitos:
- Ter aprobado todo o primeiro curso
- Ter aprobada a primeira avaliación do segundo curso.
A formación en modalidade dual desenvólvese nas seguintes condicións resumidas:
Seis meses de formación en empresa. No segundo ano do ciclo formativo, o alumnado de modalidade DUAL incorpórase a unha empresa no mes de xaneiro ata rematar o ciclo no mes de xuño, de forma permanente(2). Neste tempo, o alumno/a combina formación na empresa con traballo na mesma.
Cobrando unha remuneración. O alumno ou alumna recibe unha bolsa mensual por un importe mínimo de 450€ (50% do salario mínimo interprofesional) durante o período de formación na empresa.
Alta na Seguridade Social. O alumnado é incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social, coas coberturas de: • Incapacidade temporal • Accidentes • Xubilación
Contrato de traballo ao finalizar. Se ben o contrato de traballo non está garantido, unha vez que o alumno/a permaneceu na empresa durante seis meses, integrándose nos seus procesos produtivos e no seu equipo, son moitas as probabilidades de ser contratado/a por esta mesma empresa. En calquera caso, a formación e experiencia adquiridas melloran considerablemente a empregabilidade do alumno/a e facilitan a súa inserción laboral.
Sen requisitos de idade. O alumnado dos ciclos formativos do réxime ordinario non ten límites de idade para acceder á modalidade dual (mínimo 16 anos). Con todo, a empresa deberá dar a súa aprobación se o alumno/a fora menor de idade no momento de incorporarse á mesma.
Qué ciclos se ofrecen en modalidade dual no IES Perdouro?
Ofrécense prazas de FP Dual nos seguintes ciclos de grao medio do réxime ordinario:
|
||
Cómo te podes matricular?
O proceso de admisión é o habitual para os ciclos formativos do réxime ordinario. A incorporación á modalidade dual solicítase ao inicio do segundo curso do ciclo.
No portal de FP da Consellería de Educación podes consultar a información xeral sobre o proceso de admisión.
Máis información sobre a FP DUAL no réxime ordinario:
Na web do IES perdouro:
Información sobre FP Dual en ciclos formativos do réxime ordinario
Experiencia de Andrés Duarte no curso 2019/2020 (CM de Xestión Administrativa)
Primeira experiencia no curso 2018/2019: FP Dual no ciclo medio de Mecanizado
Nota: a información sobre FP Dual na web de FP da Consellería de Educación non corresponde á FP Dual nos ciclos de réxime ordinario que se trata aquí, senón á FP Dual no réxime de persoas adultas. Porén, a nova Guía básica de FP dual inclúe a información sobre a FP Dual no réxime ordinario.