Aviso para as familias dos actuais alumnos de -2º ESO, 2º PMAR, 3º ESO e 3º PMAR:
Todas deben presentar solicitude ao Fondo Solidario de Libros de Texto 19-20
Prazo ata o día 21 de xuño de 2019 - única convocatoria
Entrega dos libros de texto para o curso 2019-2020 segundo solicitude presentada a través do Fondo Libro exclusivamente
O centro publicará unha única listaxe provisional e unha única listaxe definitiva (Fondo Libro ESO), e respectará as datas :
- Para publicar as listaxes provisionais: o 11 de xullo de 2019.
- Para presentar reclamacións: ata o 17 de xullo de 2019.
- Para publicar as listaxes definitivas: o 13 de setembro de 2019.
- Entrega dos libros de texto no centro: Martes 17 e Mércores 18 de setembro: 16h-19h *
Aviso para as familias dos actuais alumnos de 6º e 1º ESO
Farase un reparto equitativo por alumno dos libros do banco interno. O número de libros entregados dependerá da solidariedade das familias de 1º e 2º de ESO.
Farase entrega os días: Martes 17 e Mércores 18 de setembro: 16h-19h *
Aviso para as familias dos actuais alumnos de 4º ESO, 1º Bach.
Para beneficiarse dalgún libro de Bach. para o curso 19-20, as familias terán que presentar o cupón de solicitude en conserxería.
Entrega dos libros de texto no centro: Martes 17 e Mércores 18 de setembro: 16h-19h *
*Así mesmo, lembrarlles que en setembro se entregarán EXCLUSIVAMENTE os libros aos pai/nai/titor legal do alumnado ou no seu defecto a un adulto autorizado.