O CHÁPIRO VERDE Marilar Aleixandre Anaya Colección Sopa de libros 84-8302-917-7 |
|
Fa, a protagonista desta historia, invoca sen querer a un chápiro verde que sae de súpeto do seu bote de lapis e vese envolta nunha aventura. Este ser fantástico ten a capacidade de conceder desexos e a Fa, que ten problemas na escola por ser zurda e polo seu "estraño" nome, ocórreselle a idea de pedir non ter que ir a clase durante dous meses.Finalmente, aconsellada polo chápiro, a rapaza cambia este desexo polo reto de ir na busca do lagarto de dous rabos á Fraga das Eiroas.
Para resolver o enigma conta coa axuda de tres obxectos cotiáns: un lapis, unha agulla de coser e un pano de man. Gracias ao seu enxeño e á colaboración doutros personaxes que vai atopando no camiño -a nai do xigante chosco da Casa do Rueiro Pequeno ou o Cabalo Boligán que fala en zig-zag- e que complican a trama, Fa resolve o enigma que dominaba a vida na fraga, libera ao lagarto e o resto de personaxes sen soños atrapados no Pazo dos Apagos e vence o malvado Devorador de Soños. Á vez consegue aceptar as súas peculiaridades persoais substituíndo o seu devezo de cambiar pola aceptación de si mesma.
|
O CHÁPIRO VERDE
- blogue de ies.perdouro
- 516 lecturas