A medida é de aplicación para o alumnado menor de idade de ensino post-obrigatorio:
Bacharelato, Ciclos Medios, Ciclo Superior.
- CONDICIONANTES DE APLICACIÓN E RESPONSABILIDADE:
Os/as proxenitores ou titores legais deben asinar a autorización correspondente e son os únicos responsables das actuacións do alumnado fóra do recinto escolar.
O permiso será para sair nos recreos ou para saír a últimas horas /entrar máis tarde en ausencia do profesor/a.
Non se permitirá a saída co carné durante a hora de clase ou entre clases.
SAÍDA POR AUSENCIA PROFESORADO: O alumnado autorizado soamente poderá sair do recinto escolar PREVIA CONFIRMACIÓN E SUPERVISIÓN DO PROFESORADO DE GARDA. Unha vez confirmada a ausencia do profesorado a última/s hora/s, cada alumno/a autorizado/a deberá amosar o carné (“Autorización Saída Recinto Escolar”) xunto co seu DNI ao profesorado de garda, para que lle facilite a apertura de portas e/ou a saída do recinto.
Este tipo de ausencias considéranse xustificadas e non contarán a efectos de perda de avaliación contínua. Se lle aplica a mesma xustificación ao alumnado maior de idade.
SAÍDA DURANTE O RECREO: O alumnado deberá amosar o carné “Autorización Saída Recinto Escolar”, xunto co seu DNI, á persoa de garda de porta antes de saír. O alumnado debe retornar ao centro escolar a tempo para chegar puntualmente ás clases de 4ª hora (que comezan ás 12:00h.) e entrar ordenadamente.
No exterior do recinto o alumnado comprométese a cumplir as medidas de seguridade previstas pola lexislación vixente, e son os/as pais/nais/titores legais os responsables das actuacións deste alumnado fora do recinto escolar.
O incumprimento das normas de organización, funcionamento e convivencia ou o retorno de forma imputual ás clases poderá implicar a perda do dereito ao uso e/ou á devolución do carné de autorización de saída de forma permanente.