Ver o Curriculum do Ciclo Superior "Administración e Finanzas"
Que se aprende a facer?
- Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais, laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada.
- Xestionar a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou dos usuarios.
- Actuar segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade, pricipalmente no sector de servizos, así como na Administración pública.
Realizar trámites administrativos coas administracións públicas exestionando o arquivo e as comunicacións da empresa.
Poderán traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou através do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.
Que ocupacións se desempeñan?
• Administrativo/a de oficina.
• Administrativo/a comercial.
• Administrativo/a financeiro.
• Administrativo/a contable.
• Administrativo/a de loxística.
• Administrativo/a de banca e de seguros.
• Administrativo/a de recursos humanos.
• Administrativo/a da Administración pública.
• Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais.
• Administrativo/a de xestorías.
• Técnico/a en xestión de cobramentos.
• Responsable de atención á clientela.