Ver o Curriculum do Ciclo Medio "Xestión Administrativa"
Que se aprende a facer?
• Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal.
• Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela
• Actuar segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, pricipalmente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.
Que ocupacións se desempeñan?
• Auxiliar administrativo/a.
• Axudante de oficina.
• Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos.
• Administrativo/a comercial.
• Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal.
• Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.
• Recepcionista.
• Empregado/a de atención á clientela.
• Empregado/a de tesouraría.
• Empregado/a de medios de pagamento.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.
Que título se obtén?
-Título de Técnico/a en Xestión Administrativa.