A xuntanza de inicio de curso coas familias terá lugar o vindeiro luns día 9 de outubro de 2023, de acordo ao seguinte horario:
- 18:30 h. 1º de Bacharelato
- 19:00 h. 2º de Bacharelato
O acto de presentación terá lugar no salón de actos, onde as familias serán acollidas polo equipo directivo, o profesorado titor, a orientadora e un membro da ANPA. Tras unha breve presentación, realizarán un percorrido polo centro guiados/as polo titor/a e logo continuarán a xuntanza na aula de referencia.
Prégase que na medida do posible, só acuda un proxenitor/a de cada alumno/a debido á falta de capacidade do salón de actos.