Skip to Content

ACTUALIZACIÓN MOODLE

O próximo luns 27 de decembro de 2021 ás 8:00 horas comezará un proceso de actualización do Moodle das aulas virtuais no proxecto Webs Dinámicas á versión 3.9.11. Estimamos que este proceso terá unha duración aproximada de 8 horas.

Para que este proceso de actualización non se vexa afectado polo acceso dos usuarios á aula virtual, esta permanecerá fóra de servizo ata a finalización do mesmo. A páxina web e a galería de imaxes permanecerán dispoñibles en todo momento.

Actualizaranse ademais algúns dos engadidos xa instalados e instalaranse os seguintes novos engadidos:

- Tipo de pregunta Freehand drawing (ETH)

- https://moodle.org/plugins/qtype_drawing - que permite crear preguntas no banco de preguntas dun curso nas que o alumnado ten que facer un debuxo directamente no ordenador.

- Módulo de actividade Taboleiro - https://moodle.org/plugins/mod_board - que permite a creación dun taboleiro colaborativo entre o alumnado do curso.

- Módulo de actividade Creación de preguntas - https://moodle.org/plugins/mod_qcreate/ - que permite crear unha actividade na que o alumnado ten que crear preguntas para o banco de preguntas do curso.

Este proceso de actualización non afecta ao contido actual da aula virtual. Mantéñense os usuarios, as categorías de cursos, os cursos, os contidos e actividades, a matriculación, o traballo do alumnado, as cualificacións, etc.



page | by Dr. Radut