O alumnado de 1º e 2º de ESO do noso centro asistiu o xoves, 15 de novembro, a unha charla dentro da VI edición do Plan "Navega con Rumbo", con preferencia para centros que participan no proxecto E-DIXGAL e os da rede ABALAR. O obxectivo era concienciar no uso reponsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.

Así, o especialista do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) que acudiu ao centro, insistiu en ser conscientes dos contidos que se suben á rede, o contacto con persoas que non se coñecen, comentar cos adultos calquera situación incómoda, as contrasinais, enlaces de interese...

Alumnado de 4º ESO: Covas do Rei Cintolo. Mondoñedo

Visita aos Museos Científicos Coruñeses. Alumnado de 3º ESO

O outono é tempo de cogomelos, os alumnos/as do IES Pedregal de Irimia, recolléronos, víronos e aprenderon sobre eles na exposición que se levou a cabo na Biblioteca.

 

Neste Padlet poderedes coñecer a moitas avoas de toda Europa.

Hecho con Padlet

O Parlamento Europeo instou a crear o día da Parada Cardíaca o 16 de outubro, coa finalidade de difundir entre os seus estados membros a formación en reanimación cardiopulmonar (RCP) básica e desfibrilación semiautomática (DEA) na poboación. Con este motivo o noso centro recibiu ese día unhas sesións teórico prácticas para o alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de BACH, impartidas por persoal sanitario especializado.

 

Distribuir contido