07/05/2019 11:00
07/05/2019 18:00

Meira,

7 DE MAIO DE 2019 

A Olimpíada Tecnolóxica é un evento educativo e cultural que tivo a primeira edición no Cebreiro no ano 2007. Dende aquela data celebrouse de xeito ininterrompido (agás no ano 2017), sendo este ano a decimo segunda edición da actividade. Este ano celebrarase en Meira e participarán 110 alumnos/as do CPI de Cervantes, IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa), IES Leiras Pulpeiro (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde,  CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira). Contamos tamén con 25 profesores e profesoras dos anteditos centros para corrixir probas e vixiar ao alumnado.

No evento participa o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO que compiten en grupos heteroxéneos en canto ao centro de procedencia, xénero e capacidades, facendo probas virtuais nos meses previos (a través da web: tecnogalicia.blogspot.com) e probas presenciais o 7 de maio en Meira, relacionadas coa materia de Tecnoloxía. Despois das probas o alumnado e profesorado participante disfrutará dunha comida para confraternizar e distintas actividades de lecer (visita guiada ao Pedregal de Irimia, teatro, ruta de sendeirismo arredor do río Miño e entrega de premios).

O obxectivo, a maiores de traballar os contidos da área de Tecnoloxía dun xeito atractivo para o alumnado, é o de fomentar a lingua e a cultura galegas, xa que todo o evento (probas, indicacións, visitas...) está no idioma galego e trabállase o patrimonio cultural (igrexa de Meira) e natural (río Miño) da zona onde se realiza. A I Olimpíada Tecnolóxica recibiu o primeiro premio de Innovación Educativa da Consellaría de Educación.

 

28/03/2019 09:30
11/04/2019 15:00

Exposición fotográfica do fotógrafo da natureza de la Comba, sobre os animais da nosa zona que conviven con nós e carecen de dereitos

 

Tags:
10/04/2019 09:20
10/04/2019 15:05

O vindeiro 10 de abril (mércores), o alumnado de primeiro e segundo de ESO participarán, un ano máis, no concurso internacional The Big Challenge.

 

Tags:

O luns 25 de marzo levouse a cabo unha charla, dirixida a todo o alumnado, sobre Divulgación Forestal e Prevención de Incendios, promovida pola Consellería de Medio Rural - Distrito Forestal X - Terra Chá.

Este venres 15 de marzo estiveron de novo polo noso centro un grupo de ex-alumnas e ex-alumnos, para compartir co alumnado de 2º de Bacharelato a súa experiencia, tanto universitaria como nos ciclos formativos de grao superior.

Son xa moitos os anos que levamos con esta actividade, porque entendemos que forma parte importante da orientación académica e vocacional do noso alumnado, na recta final cara futuros estudos, despois da súa etapa no centro. 

MOITAS GRAZAS A TOD@S POR COMPARTILO!!

Distribuir contido