Teatro escolar

O lavadouro

O luns 17 de xuño, en doble pase, o profesorado que forma parte do grupo de teatro "Mutis polo foro" representou unha versión da obra "De domingo a domingo" de Xosé Manuel Ogando Montes, coñecido como "Coco Montes" (Colección de Teatro Escolar "A Pinguela", ed. Fervenza, nº 93, Galicia-2016), máis algún fragmento de "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao.

 

Deixámosvos un vídeo con algúns intres da representación.

 

Mutis polo foro: "Río Bravo"

O xoves 21 de xuño, en doble pase, o alumnado do grupo de teatro escolar "Mutis polo foro" homenaxearon ao xénero do "wenster" en clave cómica coa representación dunha das máis exitosas obras teatrais galegas de finais do século pasado: "Río Bravo" adaptación da compañía profesional "Chévere".

Despois de ensaios durante meses a representación foi todo un éxito e o público pasouno en grande debido ao alto nivel dramático das nosas actrices e actores.

Representación teatral de A princesa e o labrego

Un grupo voluntario de profesoras (Celia, Loli, Rosa, Libertad, Patricia e Chus) e de profesores (Juan Carlos, Fernando e Rubén) ensaiaron esta obra de teatro para poder representarlla ao alumnado e ao resto da comunidade educativa o luns 18 de xuño a modo de clausura do curso. 

No acto púidose contar coa presenza da autora no primeiro pase e coa concelleira de educación, Teresa Pérez, no segundo pase.

 

Mutis polo foro: O xogo da guerra

O venres 23 de xuño foi a actuación do grupo de teatro escolar do instituto, “Mutis polo foro”, que un anos máis, en dobre sesión actuou o último día do curso para mostrar os ensaio de todo un curso nese acto final. Este ano sumáronse ás representacións o club de lectura “Siareiros da palabra” que andiveron a preparar unhas versións das obras infantiles de Carlos Casares, no ano que se lle adicou o día das Letras Galegas, e que xa representaran previamente ao alumnado de 6º de primaria e aos nenos de infantil dos colexios de Salceda.

Toda a información no blog da biblioteca.

Mutis polo foro: O xogo da guerra

Novo estreno da compañía de teatro do instituto

Imaxe extraída do disco "Imaginarium" do grupo Máscara.

Estebiño

Curtametraxe realizada polo profesorado do IES para a representación teatral de Mutis polo foro, do mes de xuño de 2014. Tratabamos de adaptar obras de teatro tradicional ás novas tecnoloxías. Texto: "Estebiño" de Xavier Prado Lameiro.

2014 Teatro Popular Galego 2.0.

O 19 de xuño tivo lugar unha nova representación da nosa compañía de teatro escolar "Mutis polo Foro" na que a partir de textos de teatro popular, aínda que de autores recoñecidos como Blanco-Amor, Castelao ou Prado Lameiro, tentamos actualizalos e adaptalos a estes tempos nos que se impoñen as novas tecnoloxías.

Obras representadas

Ano 2008: Zapping

 

- “A arroutada de Tom Walter” de Enrique Jardiel Poncela

- “A fablilla do segredo ben gardado” de Alejandro Casona

- “O ciridonio” de Manuel García Barros

 

(20 de xuño de 2008)

 

Ano 2009: Por que lle chaman amor cando queren dicir sexo?

 

-        Presentación  

-        “Ramón” de Sergi Belbel 

-        “Estudo en branco e negro” de Virgilio Piñera

-        “Amor e crimes de Juan Pantera” de Eduardo Blanco Amor

-        “O lagarto” de F. Morales Lomas

-        “A tediosa e breve escena do xoven Píramo e Tisbe, a súa namorada” de William Shakespeare (fragmento de O soño dunha noite de vran)

-        “Entreacto de O enfermo imaxinario” de Moliere

 

( 23 de xuño de 2009)

 

Ano 2010: Bufonadas

- “Epitafio” de Jorge Díaz

- “Agosto” de Jose Luis Alonso de Santos (Cuadros de amor y humor)

- “Aguda espina dourada” de Jose Luis Alonso de Santos (Cuadros de amor y humor)

-  “Unha verdadeira mártir” de Jose Luis Alonso de Santos (Cuadros de amor y humor)

- “Cartas de amor a Mary” de Alonso de Santos e Javier Tomeo

- “Entre colegas” de Jose Luis Alonso de Santos (Cuadros de amor y humor)

- “En familia” de Jacques Prévert

- “Retablillo de don Cristóbal” de Federico García Lorca

 

( 23 de xuño de 2010)

 

Ano 2011: Mutacións

- “A Metamorfose” de F. Kafka (inicio)

- “Con saias e a rachar” de B. Wilder (fragmento)

- “Historias Mínimas” de Javier Tomeo (microrrelatos)

- “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao (Planto de Saturio)

- “O seguinte” de Terrrence Mcnally (adaptación)

- “A Fábula Humana” (autor desconocido, extraída de internet)

- “Bos días, señor doutor” de J.L. Alonso de Santos

 

(13 de maio de 2011)

 

Ano 2012

-        “A última” de Fernando Almena

-        “O espectáculo máis grande da terra” (Anónimo)

-        “Drácula” de Bram Stoker (adaptación da película)

-        “Epílogo sangrento” (creación propia)

 

(16 de maio de 2012)

 

Ano 2013: Roberto Uve Be

-“Animaliños” de Roberto Vidal Bolaño (Fragmentos)

-“Oé Oé Oé” de Maxi Rodríguez (Fragmentos)

-“Saxo Tenor” de Roberto Vidal Bolaño (Fragmentos)

- “Ladaíñas por Laudamuco, Señor de Ningures”: fusión de fragmentos de “Ladaíñas pola morte do Meco” e “Laudamuco, Señor de Ningures” de Roberto Vidal Bolaño.

 

(31 de maio de 2013)

 

Ano 2014: Teatro Popular Galego 2.0.

-“As comédeas” de Xabier Prado Lameiro?

-Campesiños e señoritos” de Alfonso R. Castelao

-“A tía Lambida” de Eduardo Blanco Amor

-“Os trasacordos de Mingos” de Xabier Prado Lameiro

-“Estebiño” de Xabier Prado Lameiro

 

(19 de xuño de 2014)

 

Ano 2015: As frechas do amor

-“O parque dos solteiróns” de José Cedena

- “O guateque do meu curmán” de José Cedena

- “O parque dos solteiróns” de José Cedena

- “A escola de don Silvestre” de José Cedena

 

(19 de xuño de 2015)

 

Ano 2016

-        -“A tediosa e breve escena do xoven Píramo e Tisbe, a súa namorada” de William Shakespeare (fragmento de O soño dunha noite de vran)

-        “Cartas de amor a Mary” de Alonso de Santos e Javier Tomeo

-        “En familia” de Jacques Prévert

-        “Estudo en branco e negro” de Virgilio Piñera

-        “Peixes arredor da ponte” (diversas obras de Javier Tomeo)

(22 de xuño de 2016) 

 

Ano 2017

-“A galiña azul” de Carlos Casares. 1, 2 e 23 de xuño. 10 representacións.

-“As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” de Carlos Casares. 7 e 23 de xuño.

-“Pedro e o capitán” de Mario Benedetti.

-“A matanza dos inocentes” de Darío Fo.

-“A muller soa” de Darío Fo.

(23 de xuño de 2017)

 

Ano 2018

-“A princesa e o labrego” de Raquel Castro Martínez. (Grupo de profes) Representada o 18 de xuño de 2018.

 -“Río Bravo” de Chévere. (21 de xuño de 2018)

Powered by Drupal - Design by artinet