Saídas Educativas

Visita aos Pazos

 

 

(27 E 28 DE ABRIL DE 2016)

            Como xa é tradicional, en abril os alumnos/as de 4º ESO visitamos Pegullal, Avalle e Picoña, os nosos pazos: espazos privados abertos polos seus propietarios  para nós; deferencia que agradecemos.

            Móvenos o desexo de coñecer ben os elementos patrimoniais do noso entorno, de familiarizarnos coa arquitectura pacega (complexos que conxugan ben a construción residencial con áreas de lecer, edificacións funcionais e aspectos simbólicos de relevancia)  e imaxinar o modo de vida fidalgo nos séculos de apoxeo, así como percibir o significado da súa decadencia e as diversas estratexias e situacións actuais de conservación ou recuperación dos edificios; ao mesmo tempo é ocasión inmellorable para introducirnos na heráldica.

 

            A visita foi unha situación, un intre, de aprendizaxe (recollemos datos, anotamos detalles, inscricións...), pero tamén de convivencia, axudados polo bo tempo primaveral.

 

            Sen embargo, faltábanos a presenza querida do profesor Manuel Prego Español, experto guía que nos acompañou en tantas ocasións, ilustre e apaixonado defensor e divulgador das nosas antigüidades; amigo xeneroso.

“Todo se ha dormido.

Se ha dormido todo. La ventana. Y la nieve en la ventana (...)”

(Joseph Brodsky)

                       

O PCPI vai de visita ao Grove

Os alumnos/as do PCPI foron o luns 16 de xuño de visita ao Grove e Cambados, onde puideron visitar distintos lugares como o Acuario e algunhas empresas vitivinícolas.

O PCPI vai de visita ao Grove

Viaxe ás Illas Cíes

O 20 de xullo os alumnos/as de 4º da ESO despediron o curso cun atractivo viaxe ás Illas Cíes, onde ademais de pasear polas illas, e dar un baño, tiveron un retorno moi divertido con sesión de baile no barco como se pode apreciar na foto.

Viaxe ás Illas Cíes

Excursión de 4º a París

Os alumnos de 4º da ESO marcharon a París entre o 21 e o 25 de marzo. Despois de traballar intensamente dende principio de curso para recaudar cartos, achegáronse ate a capital francesa para disfrutar desta fermosa cidade.

Excursión de 4º a París

Intercambio con Camariñas

Organizado polo departamento de Normalización os alumnos de 3º da ESO mantiveron durante varias semanas contacto con alumnos do instituto de Camariñas, e finalmente o martes 5 de abril viaxaron ata alí para coñecer en persoa aos seus compañeiros e compañeiras e coñecer a fermosa vila mariñeira.

Intercambio con Camariñas

Powered by Drupal - Design by artinet