Plástica

17 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA, A TRANSFOBIA E A BIFOBIA

17 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA, A TRANSFOBIA E A BIFOBIA

 

O IES Pedras Rubias manifesta a súa posición de apoio e defensa da diversidade afectivo sexual e da identidade de xénero.

Vémolo na actividade colaborativa que realizou o alumnado de 1º ESO-D, pintando as escaleiras da fachada do edificio coas cores da "bandeira arcoiris", icona da comunidade LGBTIQA+:

   

 

XV XORNADA DE ESCULTURAS DE AREA na praia da Lanzada

XV XORNADA DE ESCULTURAS DE AREA na praia da Lanzada

Organizada polo IES Monte da Vila

22 de maio de 2019

 

O alumnado de 3º ESO participou nunha xornada de convivencia con arredor de 800 alumnos e alumnas de secundaria de centros educativos de toda Galicia.

 

Despois de traballar en clase de Educación Plástica, Visual e Audiovisual o tema proposto para este ano _a Arte Africana_, fomos á praia a realizar en area e en gran formato as nosas propostas de aula. Velaquí unha mostra de como comezamos...:

Graffiteiros no instituto

A partir dun taller de graffiti que se celebrou no insti algúns alumnos/as anímaronse a colorear algúns muros do centro. Podedes fixarvos na foto que estilo teñen. Aproveitamos o seu graffiti para darlle un aire xuvenil e moderno á nosa páxina como podedes comprobar na nova cabeceira.

Graffiteiros no instituto

Powered by Drupal - Design by artinet